SANTIAGO .- Calquera punto da costa estará a 25 minutos dun helicóptero de Salvamento da Xunta según anunciou a responsable de Pesca, Rosa Quintana. Os tempos resposta que se alcanzarán en G... Ler máis
NOTA DE PRENSA: Os populares denuncian que se están a producir deficiencias como que as embarcacións carecen da tripulación mínima, están a ser patroneadas por persoal non funcionario ou por... Ler máis
NOTA DE PRENSA: O Grupo Popular leva meses advertindo das carencias deste servizo, mentres que o bipartito fixo caso omiso das denuncias O BIPARTITO NÉGASE A INCREMENTAR O PERSOAL DOS HELICÓ... Ler máis
Nota de Prensa As tripulacións dispoñibles están por debaixo do acordado, non reciben a formación necesaria e carecen dos equipos axeitados para as misións que realizan A XUNTA CONTINÚA INCU... Ler máis
Nota de Prensa El PP exige explicaciones al Gobierno central sobre el retraso del operativo de salvamento en el caso del hundimiento del Rosamar * La senadora lucense Carmen Gueimunde recuer... Ler máis
A MARIÑA .- O portavoz do PP no concello de Burela, José María González Barcia, afirma que o helicóptero Pesca2 pertencente a Xunta de Galicia, con base en Celeiro “incumpre o contrato... Ler máis
BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera que o servizo de salvamento na costa de Lugo está ben atendido e que “dentro das posibilidades presupostarias e de persoal está... Ler máis

















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



