A celebración de A Maruxaina, festa declarada de Interés Turístico Galego, terá lugar o sábado en San Cibrao A actividade iniciarase xa pola mañá e rematará o amencer despois de xulgar A Mar... Ler máis
A MARIÑA.- A sociedade de taxación TecniTasa publicou un estudio denominado “Alquilar en agosto” no que recolle que alugar en primeira liña de praia un apartamento de 65 m2 en Sa... Ler máis
CERVO.- O PSOE cualifica de “impertinente” a intervención do Alcalde de Cervo no acto de inauguración do novo centro de saúde de San Cibrao, por considerar que non tivo en conta... Ler máis
CERVO.- Segundo un comunicado do PSOE de Cervo o concello subvencionou unha gardería privada con máis de 36.000 euros e só para cinco nenos. Nunha finca privada cerca do colexio de Galdín o... Ler máis
A consellería Política Territorial e Obras Públicas mellora, en algúns tramos, a adherencia do asfalto na carretera da costa entre San Cibrao e Viveiro. O capa asfáltica que se aplica o vial... Ler máis
Según o convenio entre o concello de Cervo e a promotora, esta debía ingresar nas arcas do concello 363.574 euros antes do 30 de Abril, indica nunha nota de prensa o BNG. “A promotora solici... Ler máis
O Concello de Cervo pide á Consellería de Medio Ambiente a inmediata execución das obras proxectadas para o saneamento e estación depuradora de San Cibrao. Este é un proxecto que xa leva moi... Ler máis

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



