NOTA DE PRENSA
O deputado popular salienta a gravidade das afirmacións de Manuel Vázquez respecto da Mariña lucense
BALSEIRO EMPRAZA AO PSOE A QUE SE COMPROMETA A INVESTIR NO TREITO ESTATAL DO CORREDOR COMO MÍNIMO 40 MILLÓNS DE EUROS TAL E COMO TEN PREVISTO FACER A XUNTA NOS TRAMOS DA SÚA COMPETENCIA
* Os populares sorprendidos porque Manuel Vázquez, deputado autonómico e ex-alcalde reste importancia aos acordos plenarios e parlamentarios
* O PSOE perdeu a oportunidade de explicar as razóns da marxinación da Mariña dos orzamentos do Goberno central e os prexuízos da suba de impostos que pretenden levar adiante.
* Segundo o PP é inaudito que cando a Xunta duplica o investimento no Hospital da Costa respecto ao previsto no 2009 o PSOE chame á mobilización. Hai que lembrar o esquecemento no que o bipartito mantiña a o centro hospitalario burelés e a todo o sistema sanitario comarcal, empezando polas lista de espera oculta.
A Mariña lucense, 27 de outubro de 2009.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol emprazou aos socialistas a que se comprometan publicamente a investir no treito estatal do corredor como mínimo 40 millóns de euros, unha cantidade similar a que ten previsto achegar a Xunta nos tramos da súa competencia. Mentres que o PSOE foi incapaz de executar cando xestionaba a administración autonómica un só euro para esta infraestrutura, e tampouco executou as partidas comprometidas para o treito estatal, entre San Ciprián e Barreiros, o novo Goberno de Feijóo adxudicou por valor de 32,3 millóns de euros as obras desta vía entre Celeiro e San Ciprián, e consignou 5,8 millóns de euros máis para os treitos lucenses da súa competencia.
SORPRESA POLAS PALABRAS DE VÁZQUEZ
Balseiro tamén quixo valorar a visita do líder dos socialistas galegos, e neste sentido, amosou a súa sorpresa despois de escoitar as palabras de Manuel Vázquez restando valor aos acordos plenarios e parlamentarios. No día onte o secretario xeral do PSdeG afirmou que “os acordos plenarios e parlamentarios non garanten manter servizos” unha afirmación que segundo Balseiro é inaceptable vindo dunha persoa que neste momento é deputado e anteriormente foi alcalde.
Segundo o PP o líder socialista realiza estas afirmacións porque no PSOE non son capaces de cumprir nin o que prometen, nin aquelo que asumen dun xeito oficial, pero non todos somos iguais, e os feitos o demostrarán
CONTRASTE INVESTIMENTO XUNTA-GOBERNO CENTRAL
Coa a visita de Manuel Vázquez os socialistas perderon a oportunidade de anunciar un incremento das achegas estatais para a comarca. Así o entende Balseiro Orol quen salienta que, cos datos nas mans, hai que lembrar que mentres que a Xunta de Galicia eleva os seus orzamentos un 34,17%, o Goberno central reduce as súas achegas para A Mariña nun 30%. Os deseñados por Feijoo son os mellores orzamentos dos últimos cinco anos, os do Goberno central supoñen unha marxinación evidente que nin sequera explican os socialistas.
A MARIÑA RECIBE DO ESTADO MENOS DO 5% DO QUE RECADA
Segundo o deputado popular A Mariña non reciben in o 5% do que o Goberno central recada nesta comarca, cuxos veciños ademais estarán irremediablemente prexudicados pola suba de impostos que ten previsto levar adiante Zapatero para o ano próximo e que suporá unha media de entre 500 e 600 euros anuais por veciño.
HOSPITAL
En relación co Hospital da Costa o deputado popular lembra que o investimento neste servizo supera o millón de euros, tan só para a partida destinada ao seu plan funcional, isto é para obras e reformas, o que supón un 50,97% máis ca o previsto polo PSOE. “Os datos desmenten polo tanto as palabras dos socialistas e amosan dun xeito evidente o grado de compromiso de cada quen en materia de mellora da sanidade pública”.
Os populares creen inaudito que hoxe chamen á mobilización aqueles que tiñan esquecido o hospital, colapsada a asistencia urxente e as distintas consultas dos especialistas e que, por riba de todo esto, permitían que miles de veciños nin tan sequera apareceran nas listas de espera, porque non estaban a ser citados para as súas consultas médicas e cirúrxicas
















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



