17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O parlamentario do PP Balseiro insiste en que non “desaparecerá a área sanitaria”

03-10-09

NOTA DE PRENSA

Os populares insisten en poñer de relevo as intencións ocultas do bipartito: “Si hoxe gobernaran Galicia a xestión sanitaria da Mariña centralizaríase en Ferrol”
NACIONALISTAS E SOCIALISTAS NON FORON CAPACES DE DESACREDITAR QUE A SÚA INTENCIÓN FOI INTEGRAR EN FERROL A ÁREA SANITARIA DA MARIÑA

* Desde o PP lamentan que o BNG estea a difundir un panfleto con información falsa coa que pretenden enganar aos veciños e manteñen o seu compromiso: Nin desaparecerá a área sanitaria, nin se perderá ningunha especialidade médica no Hospital da Costa, ao contrario a nova Xunta traballar para reforzar este servizo con novas prestacións e mellor asistencia médica.

A Mariña, 03 de outubro de 2009.- Nacionalistas e socialistas non foron capaces de desacreditar documentalmente a súa intención de integrar en Ferrol a área sanitaria da Mariña. Un proxecto que o bipartito mantiña agochado á opinión pública e que formaba parte da proposta de reordenación do mapa sanitario de Galicia prevista pola anterior Xunta. Os populares insisten en poñer de relevo as intencións ocultas do bipartito: “Si hoxe gobernaran a xestión sanitaria da Mariña centralizaríase en Ferrol, suprimirían a nosa área sanitaria comarcal, e farían perigar a continuidade do puntos de atención urxente (PAC) como o de Mondoñedo”

Balseiro Orol explica que desde o PPdeG sempre actuaron con seriedade nun asunto de tanta transcendencia como é este, no que se está a falar dos servizos chamados a garantir a saúde da xente. “Nós sempre aportamos documentación, fixemos afirmacións coa contundencia necesaria e co aval do PP e da propia Consellería de Sanidade e, por si quedara algunha dubida levamos ao Parlamento a nosa proposta para oficializar a postura dos populares ao respecto desta cuestión”. É polo que lamentan que tanto desde o PSOE como desde o BNG insistan na súa estratexia de confusión. “Agora incluso os nacionalistas están difundido un panfleto con información que hai que cualificar sinxelamente como falsa, a súa única intención é enganar aos veciños porque nós mantemos todos os nosos compromisos: Nin desaparecerá a área sanitaria, nin se perderá ningunha especialidade médica no Hospital da Costa, ao contrario a nova Xunta traballar para reforzar este servizo con novas prestacións e consultas”

O BNG FAVORABLE AO COPAGO

Por outra banda e, referíndose en exclusiva ao BNG, Balseiro Orol lembrou que a formación nacionalista está a constituír un exemplo de cinismo e falta de rigor sen precedentes. Nesta liña lembra que desde a dirección comarcal do BNG aínda non deron as explicacións oportunas, nin a correspondente rectificación ou desmentido despois de coñecerse a posición dun alto dirixente nacionalista como é o alcalde de Mondoñedo que era favorable ao copago no sistema público de saúde e, polo tanto, que os veciños teñan que pagar unha cantidade pola asistencia sanitaria que reciben e, lembrou tamén que a integración das áreas sanitarias ou creación das xerencias unitarias formaba parte do programa electoral do BNG segundo o recollido na páxina 25 do documento que elaboraron para as eleccións autonómicas.

POLÍTICA FICCIÓN

Desde o PPdeG insisten en poñer de relevo a falta de compromiso do anterior Goberno bipartito con respecto á sanidade comarcal. “Non só non fixeron nada nin PSOE nin BNG para evitar o deterioro do sistema sanitario da Mariña, poñer fin ás listas de espera no hospital e nos centros de saúde ou para dicir a verdade respecto deses máis de 1.500 pacientes que non aparecían nas estatísticas oficiais pero esperaban recibir a súa cita por teléfono para ser atendidos polo médico especialista, se non que ademais como onte puidemos acreditar da voz da propia directora de Asistencia Sanitaria da Xunta, o bipartito elaborou un plan funcional, para a mellora do Hospital que era unha carta aos reis magos na que dicían …. Faremos isto, faremos isto outro…. Pero sen achegar nin un só euro, sen ofrecer o respaldo orzamentario necesario para acometer ningunha destas medidas. Eles aplicaban a propaganda e a política ficción co PP esto cambiará.”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive