XOVE .- A corporación municipal de Xove acordou aprobar o presuposto municipal para o ano 2010 cos votos a favos do PP, a abstención de Avexo e os votos en contra do PSOE e o BNG. O presuposto acada os 6.601.000 €uros, cantidade na que está incluída o presuposto da Escola Taller.
NOTA DE PRENSA
SESIÓN ORDINARIA, CELEBRADA POLO PLENO DO CONCELLO O DÍA 18 DE XANEIRO DE 2010.
1º) Aprobación do borrador da acta da sesión anterior de data 16 de novembro de 2009.
O Concello Pleno por unanimidade dos seus membros acorda aprobar o borrador da acta plenaria devandita.
2º) Orzamento Xeral Municipal para o exercicio 2010. Aprobación inicial. Adopción de acordo.
Comeza o debate deste punto coa lectura, por parte do Secretario Municipal, do dictame emitido pola Comisión Informativa de Contas con data de 14 de xaneiro de 2010.
O presuposto para o ano 2010 presentado neste Pleno acada os 6.601.000 €uros, cantidade na que está incluida o presuposto da Escola Taller. Por parte do Alcalde reitérase o manifestado na sesión da Comisión Informativa, destacando que o aumento en gastos de persoal veñen derivados da inclusión nos Presupostos do Obradoiro de Emprego ( 1 Director, 1 Administrativo, 2 Monitores e 26 traballadores-alumnos); tamén sinala que a disminución de ingresos para este ano 2010 ven derivada fundamentalmente da rebaixa da aportación estatal pola participación nos tributos do Estado, na rebaixa da previsión de ingrsos polo IAE e pola concesión de licencias tanto de apertura como de obra. Neste sentido, hai que decir que isto é unha consecuencia da forte crise económica que estamos a sufrir. Continúa o Alcalde decindo que, inda tendo en conta a diminución de ingresos, o orzamento contempla unha inversión de cáseque 400.000 €uros, aos cales habería que sumarlles os 380.000 €uros do Plan E, así como as axudas de subvencións que o Concello reciba ao longo deste ano; todo isto fai que o capítulo de inversións para o ano 2010, que recordemos é un ano de profunda crise en todo o país e sobretodo no eido local, se poida considerar máis que razoable.
Pero o debate non se circunscribeu só aos investimentos. Noutros eidos, o Alcalde fixo un repaso dos moitos servizos que o Concello presta aos veciños de Xove, incomparables con calquer outro Concello de Galicia, recordando que estes teñen uns altos custos tanto en materia de persoal como de gastos correntes.
Realizada a votación, a aprobación inicial dos presupostos foi aprobada cos 5 votos do PP, absténdose AVEXO e votando en contra o BNG e o PSOE.
3º) Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos, do exercicio 2010 por importe de 29.972,31€. Adopción de acordo.
Este punto foi aprobado por unanimidade; trátase básicamente de facturas que chegaron ao noso Concello a final do ano pasado e non puideron ser satisfeitas, dahí que haxa que pasalas para o 2010, polo que houbo que facer un procedimento corriente de recoñecemento extrajudicial de créditos por importe de 29.972´31 €uros.
4º) Moción do BNG sobre a vía de alta capacidade Barreiros-Ferrol. Adopción de acordo.
Aberto o debate, o Alcalde manifesta que o PP vai votar a favor da aprobación da moción, por considerar que dita infraestrutura é fundamental para o desenvolvemento de tódolos concellos afectados pola mesma, pero fai dúas puntualizacións:
* 1º) Que no que se refire á Via de Alta Capacidade (V.A.C.) San Cibrao-Ferrol, carretera de competencia autonómica, o anterior goberno da Xunta formado polo PSOE e o BNG, cáseque non fixeron nada, chegando a suspender a tramitación de varios proxectos construtivos, concretamente os de tres tramos, nos últimos meses da súa etapa de goberno.
* 2º) Que o actual Conselleiro de Obras Públicas comprometeuse con tódolos alcaldes dos concellos afectados, con independencia da súa cor política, a cumprir con rigor o cronograma de traballo que prevé o remate do 80% da obra no ano 2014,e a xuntanza dunha comisión de seguimento cada 6 meses.
A moción foi aprobada por unanimidade.
5º) Moción do BNG sobre a Área Sanitaria da Mariña. Adopción de acordo.
Leída a moción por parte do portavoz do BNG, o Alcalde aclarou que a reforma do modelo de xestión sanitaria non suporía en ningún caso unha merma da calidade dos servizos sanitarios da nosa zona, manifestando a continuación que o Grupo de Goberno non ten ningún problema para votar a favor da moción, sempre e cando no primeiro punto da mesma se engadira o seguinte texto: … ampliando as competencias que ten na actualidade, así como o catalogo de servizos que se ofrecen no Hospital da Costa. Integrando tamén, dun xeito coordinado, os distintos Centros de Saúde de Atención Primaria.”
Neste sentido, a aportación realizada polo Grupo de Goberno tratou de ir máis aló da proposta, enriquecendo considerablemente o texto proposto polo BNG, e mostrando que dende o PP o que se quer e que o Hospital da Costa de Burela teña os maiores e mellores servizos posibles.
6º) MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG, PROPOÑENDO A CONSTITUCION DUNHA COMISIÓN INFORMATIVA NON PERMANENTE PARA O ANALISE DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL. ADOPCION DE ACORDO.
Esta moción non estaba incluida no Orde do Día, polo que primeiro houbo que votar a súa urgencia. Por parte do Alcalde maniféstase que o análise do Plan de Ordenación Litoral no noso Concello sería máis factible realizalo a través da xunta de portavoces, sen ter que crear ningunha comisión nova. Por parte do BNG acéptase a proposta da Alcaldía, e retira a moción antes presentada.
7º) Rogos e Preguntas.
Transcribimos agora literalmente a resposta que o Grupo de Goberno lle deu aos Rogos e Preguntas formuladas polo BNG:
ROGOS:
1.- No acceso intermedio á Urb. Palmeiro, e debido á escasa visibilidade e o perigo que supón para os peons, o tránsito dende a saida por baixo ate a beirarua da entrada darriba, seria ben construir un novo tramo de beirarua a caron da estrada da Rigueira.(100mt.) empatando pola esquerda no sentido de circulación Xove as duas entradas.
Resposta Rogo 1º.- Se toma en consideración o rogo e de feito xa se tratou o tema cos representantes de COGAMI xa que a parcela que se lles cedeu resultaría afectada.
2.- O selo ou –cruño-oficial do Concello de Xove así coma moitos rótulos carteís e diversa propaganda podemola ver como “Ayuntamiento” e nalgúns casos “Axuntamento” pedimos que se normalicen e se corrixan estes casos.
Resposta Rogo 2º.- Tómase en consideración o rogo e procederase á substitución dos cruños.
3.- O Centro Social de Palmeiro leva tempo pechado, pensamos que é unha deixadez por parte do goberno local pois é o que mellores condicións ten do concello, os veciños da parroquia poderian disfrutar das suas instalacións si se puxera a funcionar como un centro sociocultural. e unha vergoña que cos recursos materiáis e humanos que conta este concello, se pechen instalacións coma estas. Solicitamos que se utilicen os medios e Técnicos dos que dispón o Concello, para botar a andar e “darlle vida” ós centros sociais.
Resposta Rogo 3º.- Nos últimos anos renunciaron á explotación do Centro os seus tres últimos adxudicatarios ( a última renuncia presentouse a finais do ano pasado ) alegando todos eles unha absoluta falla de rentabilidade debida fundamentalmente á cercanía do casco urbano de Xove que obviamente ten unha oferta de servicios coa que non pode competi-lo Centro Social de Palmeiro. Este problema agravouse aínda mais coa recente apertura dun Bar – Restaurante na mesma Urbanización. Á vista do exposto esta Alcaldía considera necesario estudiar detidamente xunto cos veciños da Urbanización a posibilidade de que fora a propia Comunidade de Veciños a través do Clube Deportivo a encargada da xestión do Centro contándo coa colaboración e axudas municipais.
PREGUNTAS:
1.- A depuradora do Reconco da gusto vela, leva rematada varios meses pero non funciona, a vella de Palmeiro fai o que pode pero, non se pode esperar máis para tratar os vertidos, son un atentado ó rio rigueira, e polo que preguntamos:
a.) Cales son as causas para que non se bote a andar e que esta a facer o goberno local e a xunta?
b.) Para cando a posta en funcionamento da depuradora?
Resposta Pregunta 1ª.- Según a información facilitada por Augas de Galicia e a empresa constructora para o remate, recepción e posta en funcionamento da EDAR de Regosanguento somentes resta soluciona-lo tema do subministro de enerxía eléctrica para en breve prazo formaliza-la citada acta de posta en funcionamento.
2.-) Na estrada de Beltran a Vila, hai unha barrincoia perigosa, sabe o concello dela, e si é así, porque non se adoptan medidas preventivas?
Resposta Pregunta 2ª.- Somos coñecedores do problema e de feito xa se iniciaron os traballos de desescombro e consolidación.
3.-) Nas concesións de diversas obras do Concello, temos a impresión de que se mira pouco polos intereses locales, á hora de redistribuir riqueza o traballo e unha das mellores fórmulas. Non é certo que houbo algunha empresa de Xove que presentou oferta e non se lle concedeu a obra?
Resposta Pregunta 3ª.- A afirmación contida na pregunta é totalmente incerta. Compre sinalar que unha das directrices básicas que segue esta Alcaldía e o resto dos integrantes do Grupo de Goberno, como parte integrante da súa política de promoción e consolidación do emprego dentro do municipio, é – co respeto máis absoluto á legalidade – procurar que a contratación municipal (obras, servizos, subministros, etc.. ) se realice con empresas radicadas en Xove. Outra cosa diferente é, que determinado tipo de obras, subministros ou servicios, ben sexa pola súa complexidade ou carácterísticas ou que pola súa contía legalmente teñan que ser obxecto de licitación pública, se adxudicarán a empresas de fora.




















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



