15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

50 empresas de turismo rural melloran a promoción co programa da Deputación Lug02

08-03-10

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este luns Marketing no Turismo Rural, unha xornada formativa que afonda no uso das novas tecnoloxías para incrementar a promoción e comercialización dos negocios de turismo rural. 50 empresas destas características e novos emprendedores da provincia que están apostando polo denominado “emprego verde” participaron na primeira das xornadas que se celebrarán na provincia. Trátase dunha nova iniciativa do programa provincial Lug02, dotado de 5 millóns de euros e co-financiado nun 70% con fondos FEDER, que persegue o desenvolvemento económico da provincia a través da posta en valor dos recursos naturais.

Marketing no Turismo Rural aposta pola profesionalización deste tipo de actividades turísticas co fin de crear novos postos de traballo e oportunidades económicas. Gómez Besteiro salientou que “ó igual que estamos executando un programa anti-crise para a competitividade das PEMES lucenses no que quedaron esgotadas todas as prazas en menos de catro días, ou cursos de formación para que os nosos gandeiros aforren na xestión de residuos do gando, queremos afianzar outro dos sectores desta provincia: o turismo rural”.

Datas e horarios

A primeira xornada de Marketing no Turismo Rural tivo lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño da cidade luguesa. Tendo en conta a orixe dos establecementos existentes, as seguintes citas serán:

* 9 de marzo, ás 16:00, na Casa da Xuntenvude de Mondoñedo.
* 10 de marzo, ás 16:00 horas, na Casa de Cultura de Becerreá.
* 11 de marzo, ás 16:00, no Acampamento no Courel.

Os interesados nas seguintes accións formativas poderán facer a súa inscrición en: lugo2@deputacionlugo.org ou ben chamando ó número 982-26-00-46.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive