12 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A xunta de Urbanismo de Ribadeo analizará as suxestións que o Concello lle expoñerá á Xunta sobre o POL

05-03-10

RIBADEO (FNC).- O alcalde convocará unha xunta informativa de urbanismo a vindeira semana para analizar as suxerencias formais que o Concello lle plantexará á Xunta sobre o Plan de Ordenación do Litoral. Fernando Suárez valora de xeito positivo o encontro mantido esta mañá en Santiago co director xeral de Sostibilidade e Paisaxe e ao que asistiron técnicos e os portavoces municipais.

O rexedor de Ribadeo sinalou que “fomos dos primeiros Concellos en ser recibidos polo director xeral de Sostibilidade e Paisaxe e somos dos poucos Concellos que convocamos ao resto dos portavoces dos grupos políticos. Alégrome de que viñeran todos, ainda que hai uns días dous deles dixeran que non ían vir e ao final acudiron, porque alí onde se discuten e se acordan cousas de interés para Ribadeo, entendo que debemos estar todos, como así foi”.

Suárez Barcia dixo tras a longa reunión mantida en Compostela que “Manuel Borobio manifestou a respecto do plan xeral aprobado inicialmente hai prácticamente dous anos polo Concello de Ribadeo que non son grandes as diferencias contempladas polo POL e polo PXOM. Teremos que matizar e xustificar algunhas cuestións e quédome coa boa sintonía ou coa palabra de Manuel Borobio, outra cousa é que eso se materialice cando nós enviemos as suxerencias ao Plan de Ordenación do Litoral e que éstas poidan ser recollidas”.

O alcalde explicou que “todos fixemos fincapé en que cando aproben inicialmente o POL deben contar con normas, con disposicións transitorias para aqueles plans que, como o noso, estean xa nunha fase moi avanzada de tramitación ou encarando o final e que non supoña que unha aprobación inicial do POL poida trastocar todo o traballo feito ata o de agora”. Fernando Suárez confía nas manifestacións do director xeral “nas que di que o PXOM non discrepa tanto do POL, e agardemos que aparezcan específicamente eses réximes transitorios para tratar diferente a aqueles Concello que, como Ribadeo, teñen intención manifesta de aprobar o PXOM porque están xa nunha fase moi avanzada de tramitación. Manuel Borobio se refería a eso neste encontro, á necesidade de contemplalo porque hai moitos Concellos que non teñen plan, nin avance nin nada de nada… hai que facer unha discriminación positiva cos Concellos coma o de Ribadeo. Espero e desexo polo ben do territorio municipal de Ribadeo que esas palabras non caigan en saco roto”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive