19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O grupo de teatro O Bordelo de Cervo quedou segundo no ciclo “Domingos a Escena” en Caranza, Ferrol

28-04-10

Dolores Viamonte Rey, María Paz Rodríguez Silva, Antonio González.Patoso, José Manuel González -Copa, Xosé Vicente Mon Canoura e Francisco Piñeiro, actores de O Bordelo

CERVO .- O Grupo de teatro O Bordelo participou xunto con  28 formacións teatrais de toda Galicia no “X Ciclo de teatro Domingos a Escena” que se celebra en Caranza, Ferrol. O Bordelo acadou o segundo posto, a 26 milésimas do gañador ” A Pombiña” de Pedroso, Narón.

Nota de Prensa

” O Bordelo” consigue de novo subir ó podium do Ciclo Domingos a Escena de Caranza, Ferrol

No ” X Ciclo de teatro Domingos a Escena”de Caranza, Ferrol , no que participaron 28 formacións teatrais de toda  Galicia e 6300 espectadores entre Setembro do 2009  e Abril do 2010, o grupo de  teatro ” O Bordelo” de Cervo acadou o segundo posto, a 26 milésimas do gañador ” A Pombiña” de Pedroso (Narón).
Este recoñecemento do seu traballo escénico  por segundo ano consecutivo  no ciclo de maior  peso de  toda Galicia ven a reforzar  o valor do primeiro premio acadado o ano pasado .
Os compoñentes do grupo cervense  están sumamente satisfeitos por manter o máximo nivel tendo en conta que as bases do certame  non permiten recibir dous anos seguidos o premio ó mesmo grupo .
O recoñecemento  por parte do público deste ano foi debido á representación , o 22 de Novembro ,da peza “O Mariñán” , orixinal de Francisco Piñeiro, na que formaron parte  como actores Dolores Viamonte Rey, María Paz Rodríguez Silva, Antonio González.Patoso, José Manuel González -Copa, Xosé Vicente Mon Canoura e Francisco Piñeiro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive