19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O 3 de xullo iníciase o curso Técnicas Interpretativas no auditorio da Casa da Cultura de Burela

29-06-10

O curso pertence ao apartado de formación do proxecto teatral Buxiganga, que pon en marcha a Área de Cultura da Deputación de Lugo. A instancia pódese descargar directamente da web, últimos días, ou ben recoller a instancia na Área de Cultura da Deputación de Lugo. O prezo deste curso é de 40 euros, tendo un custe reducido para os actores participantes nos circuítos de Buxiganga 2010. O curso divídese en tres apartados, cadanseu impartido por casa docente. Paloma Lugilde encargarase primeiramente do Corpo e da voz, ferramentas moi importantes para os actores. Posteriormente os alumnos adentraranse no mundo da Comedia da Arte, a través de Alberte Cabarcos. Finalmente os alumnos terán un módulo de Interpretación impartido por Ester Pedrouzo, no cal os alumnos coñecerán diversas técnicas interpretativas como a técnica de Stanislavski ou Meyerhold entre outras. O curso celebrarase os días 3, 10, 17, 24 e 31 do mes de xullo e os días  4, 11, 18 e 25 do mes de setembro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive