23 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Medio Ambiente de Ribadeo oferta actividades astronómicas e unha ruta de sendeirismo

05-08-10

RIBADEO (FNC) .- A Concellaría de Medio Ambiente preparou diversas actividades astronómicas para a vindeira semana e tamén unha ruta de sendeirismo.

Horacio Cupeiro anunciou que “o día 10 de agosto ás dez da noite na Casa da Ría haberá unha xuntanza para contemplar o ceo de estrelas de agosto. A actividade estará dirixida por Alfonso Piñeiro, polo que os asistentes poden ir acompañados de prismáticos, telescopios ou de planisferios celestes. Poderán acudir persoas de todas as idades. E o día 11 de agosto ás 10 da mañá no Cargadeiro daráse unha charla sobre os reloxios de sol dirixida por Antonio Gregorio Montes. As persoas que acudan poderán levar filtros de soldadura ou espellos”.

O responsable de Medio Ambiente engadiu que “o 12 de agosto faremos unha ruta de sendeirismo entre Ribadeo e Rinlo. Sairemos ás nove e media da mañá e pasaremos polo castelo, polo faro, polo castro das Grobas ata chegar a Rinlo e onde asistiremos a unha explicación sobre as cetáreas e logo faremos na escola a exposición da nosa reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Para a volta os participantes poderán volver a pé ou facelo en tren ás 13:20 desde a estación de Rinlo por un prezo de 3 euros”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive