23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG pide ao PP que aclare onde están as trabas para executar o Convenio Urbanístico en Barreiros

12-08-10

NOTA DE PRENSA:
O problema de barreiros xerouno o PP co seu modelo urbanístico, que non lle pidan ao BNG que o criticou que agora aplauda unha solución que non compartimos

Os nacionalistas piden ao PP que aclare onde están as trabas para executar o Convenio Urbanístico en Barreiros e si está no goberno para gobernar ou só para facer anuncios.

A Mariña, 12 de agosto de 2010. O BNG da Mariña pide ao PP que goberne e deixe de pedir apoios ás demais forzas políticas para solucionar o problema urbanístico de Barreiros. Para os nacionalistas está ben claro que foi un alcalde do PP quen xerou o problema en Barreiros, sendo agora un goberno da Xunta da mesma cor política quen promove o seu modelo de solución que non acaba de executar criando malestar e perdas económicas ao sector da construción con intereses neste concello. Os nacionalistas lembran que a súa postura neste tema está clara dende o primeiro momento e nin comparten o modelo urbanístico desenvolto polo PP no goberno local, nin tampouco a solución proposta polo mesmo partido dende a Xunta de Galiza, polo que non se nos pode pedir agora que a teñen paralizada que actuemos como comparsas de animación dun goberno que se nega a gobernar.

Que non lle pidan ao BNG que anime ao PP a gobernar o desgoberno que xerou o caos urbanístico en Barreiros.

Os nacionalistas mariñaos matizaron o acordo da Mesa de Infraestruturas da Mariña no que se insta á Xunta de Galiza a axilizar as solucións propostas polo goberno autonómico ao conflito urbanístico de Barreiros, “os nacionalistas non apoiamos este punto por coherencia , sendo ben coñecida a postura do BNG neste asunto, nin compartimos a xestión do goberno local que nos levou a onde estamos, nin tampouco as solucións propostas pola Xunta de Galiza”, ambas institucións da mesma cor política. Para o BNG, “non e de recibo que o Partido Popular dende a Xunta e o concello de Barreiros sexan incapaces de sacar adiante as solucións que eles mesmos propoñen e no canto de gobernar, requiran do aplauso e ánimo dos demais”. “Semella unha tomadura de pelo que quen anunciaba solucións inmediatas aos problemas urbanísticos de Barreiros, agora non as execute, polo que sería bo que aclararan onde están as trabas que impiden actuar e si están no goberno para gobernar ou para facer anuncios para a galería.”

Que a Xunta teña que investir diñeiro público para a execución dunhas infraestruturas que a propia lei esixe para construír e o recoñecemento de que as cousas non se fixeron ben desde o principio.

O recoñecemento da necesidade de dotar de infraestruturas básicas ao concello de Barreiros para poder rematar as promocións con licenza municipal en Barreiros e dar a razón ao BNG cando denunciaba o incumprimento da lexislación urbanística neste concello, onde o alcalde e o seu goberno están inmersos en causas xudiciais que de momento non teñen sentencia firme, e varias das promocións con licenza de construción municipal están sometidas a investigación xudicial.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive