17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O concello de Cervo renova un tramo do saneamento de Espiñeirido

27-08-10

Nota de prensa:
VILLARES SUPERVISOU OS TRABALLOS DE RENOVACIÓN DUN TREITO DA REDE DE SANEAMENTO E AUGA NA RECTA DO GRAN SOL

* Os traballos forman parte das melloras conseguidas polo Goberno local no proxecto de acondicionamento da estrada N-642

Cervo, 16 de outubro de 2008.- Alfonso Villares, alcalde de Cervo, supervisou hoxe as obras de renovación das redes municipais de subministro de auga e saneamento que se están desenvolvendo estes días nun treito de 300 metros na coñecida coma recta do Gran Sol.

Esta actuación está sendo acometida pola empresa Obras, Caminos y Asfaltos, encargada do acondicionamento e mellora da estrada N-642 no tramo situado entre Figueirido e Río Cobo. Segundo indicou o rexedor local, os traballos forman parte dunha serie de melloras do proxecto de mellora desta estrada nacional “que foron conseguidas grazas á xestión do equipo de Goberno local “.

Para Villares, este tipo de acordos conseguidos dende o Goberno municipal para mellorar as infraestruturas públicas do Concello son o tipo de xestións que realmente importan aos cidadáns “porque se trata de obras básicas de gran importancia que as máis das veces quedan agochadas, pero que para nós forman a base dunha xestión racional dos recursos públicos acorde coas necesidades reais dos veciños”.

“Trátase dunha actuación que redundará en beneficio dos veciños e propietarios de fincas onde se están a facer estes traballos, posto que coa renovación deste treito das redes conseguiremos minimizar o risco de fugas que levabamos sufrindo nesa zona polo desgaste das vellas canalizacións e melloraremos a calidade do servizo aos veciños desta zona” indicou o alcalde. Villares tamén dixo que este novo treito na rede de auga e saneamento discorrerá paralela á xa existente “o que nos permitirá realizar os traballos sen ter que cortar o subministro e sen que os veciños se vexan prexudicados polas obras”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive