19 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ribadeo solicita axuda á Xunta para reparar a rúa Reinante

27-08-10

Nota de prensa:
O CONCELLO PROXECTA REPARAR A RÚA REINANTE NO TREITO DO CENTRO DE SAÚDE PARA O QUE SOLICITA AXUDA ECONÓMICA DA XUNTA DE GALICIA.

Ribadeo, 27 de agosto de 2010. O Concello solicita unha subvención á Xunta para proceder ao amaño da rúa Reinante no treito do centro de saúde, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor manifesta que “desde logo que ninguén dubida o que cambiou Ribadeo nestes últimos anos coa peonalización e semipeonalización de rúas, co amaño de todos estes espazos públicos que foi logrando que cada ano, como se pode ver estes días, haxa máis e máis xente que acude a esta fermosa vila, que queda prendado dela, que disfruta do seu comercio… No goberno municipal queremos seguir afondando nestas actuacións e novamente queremos pedir outro ano máis unha subvención importante á Xunta de Galicia, e con esta xa son moitas as rúas que se viñeron amañando nos últimos cinco o seis anos”.

Suárez Barcia di que “agora queremos actuar no tramo restante da rúa Reinante, onde está o centro de saúde actualmente, hai tamén comercio, é unha rúa comercial e que estaba incluida no plan estratéxico para a implantación do centro comercial aberto. Trátase dunha rúa duns 100 metros de lonxitude, pero cunha grande conectividade entre a rúa Deputación, que nestes días está a punto de ser rematada, e coa rúa José Vicente Pérez Martínez e a Avenida de Asturias, que tamén serán reformadas en profundidade”.

O alcalde explica que “aquí, a parte de substituir as tuberías soterradas de auga, de saneamento, de meter novas tuberías para telefonía, subministro eléctrico, váise cambiar o pavimento e garantir unha maior accesibilidade aos peóns e aos usuarios do centro de saúde, incluso con algún elemento para dispor dun certo aparcamento durante pouquiños minutos para deixar a algún pacente que teña que acudir a urxencias a estas instalacións”. Fernando Suárez conta que “a Xunta, igual que fixo no goberno bipartito anterior e igual que no anterior goberno do PP, se comprometa de novo con Ribadeo nunha actuación duns aproximadamente 82.000 euros e que con esto se vai constituindo unha malla de rúas e de espazos públicos urbanizados de novo, modernizados para convertir a Ribadeo no que todos queremos que sexa, esta pequena cidade entre Ferrol e Avilés”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive