21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Emerxencias e Interior alertan dun fenómeno adverso por choivas

03-10-10

Notas de Prensa
A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR ALERTA DUN FENÓMENO ADVERSO DE NIVEL VERMELLO POR CHOIVAS E AMPLIA A ALERTA LARANXA VIXENTE

* Na provincia de Pontevedra e Ourense espéranse choivas que poderán acadar os 130 mm en 12 horas

* Tamén ampliase a alerta laranxa para as zonas de montaña e sur de Lugo, así coma á totalidade das zonas das provincias de Ourense e Pontevedra non afectadas pola alerta vermella

Santiago, 3 de outubro de 2010.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa de nivel vermello por choivas.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espéranse choivas,que poderán acadar os 130 mm en 12 horas nas zonas Noroeste, Miño e Sur da provincia de Ourense, e no interior da provincia de  Pontevedra

Nivel laranxa

Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias tamén informa da ampliación do nivel de alerta laranxa para as zonas da Montaña e Sur de Lugo, así como no resto das zonas das  provincias de Ourense e Pontevedra, non afectadas pola alerta vermella. Na zona Centro da Provincia de Lugo a precipitación acumulada en 12 h será de 80 mm. Esta situación está prevista que remate ás  20,00 do día de hoxe.

Continúan sendo válidos os datos correspondentes á alerta laranxa emitida anteriormente, e que son alerta por choiva ata as 16:00 horas, no oeste e suroeste da provincia de A Coruña e Pontevedra. Espéranse tamén ata as 22.00 horas, rachas máximas vento de 100 km/h, nas provincia da Coruña e Pontevedra, e na mariña lucense.

Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia,  informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos que poidan estar afectados da Comunidade Autónoma, aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e aos clubs náuticos. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas básicas de protección. E, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive