18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Alfoz valora os investimentos para o seu concello nos orzamentos da Xunta

24-10-10

NOTA DE PRENSA

Emilio Lousas satisfeito coas previsións contidas nas contas elaborados polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijoo

O ALCALDE VALOROU MOI POSITIVAMENTE OS INVESTIMENTOS COMPROMETIDOS NOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O SEU CONCELLO

* A Consellería de Traballo e Benestar fará realidade na vindeira anualidade a nova escola infantil do concello e investirá na vivenda comunitaria.

* Tamén existe consiganción orzamentaria para solo industrial, e se prevé investir nos espazos da Rede Natura, nos camiños principais da concentración parcelaría Val de Alfoz e no polígono empresarial.

Alfoz, 24 de outubro de 2010.-  O Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, valorou moi positivamente os investimentos comprometidos para o seu concello nos orzamentos da Xunta para 2011 . O rexedor significou que as contas elaboradas polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo permitirán facer realidade dous dos proxectos máis esperados no ámbito dos servizos de benestar: a escola infantil e a vivenda comunitaria. Emilio Lousas lembrou as xestións desenvolvidas nos pasados meses ante a Secretaría Xeral de Familia e Benestar e agradeceu a súa receptividade “ xa que hoxe se materializa en compromisos de financiamento concretos polos que non podemos máis que felicitarnos”.

O rexedor municipal lembrou que as contas autonómicas para o ano próximo achegarán 210.000 euros para a gardería local, un servizo de grande importancia sobre todo no eido la atención aos máis novos e da conciliación da vida laboral e familiar. Ademais a Xunta investirá 146.000 euros na vivenda comunitaria sita no concello.

Outras actuacións comprometidas pola Xunta no municipio e que verán a luz ao longo da próxima anualidade son as achegas para a reparación da rede de camiños principais da concentración parcelaria Val del Alfoz, os 17.575,20 destinados para a Rede Natura e os 11.232,08 euros para o fomento do solo industrial. Xestur Lugo, empresa pública promotora do polígono industrial reserva ademais un total de 3,9 millóns de euros para a etapa A do Polígono Industrial Alfoz-Valadouro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive