18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A CIG concentrarase en Viveiro para denunciar as políticas regresivas da Xunta e do goberno central

17-11-10

Nota de prensa

A CIG chama a continuar mobilizándose para denunciar as políticas regresivas da Xunta de Galiza e do goberno central

A Confederación Intersindical Galega acordou continuar coas mobilizacións, logo da folga xeral do 29 de setembro, para exixir a retirada da reforma laboral, para denunciar os regresivos orzamentos da Xunta de Galiza e para frear a reforma das pensións e da negociación colectiva.

A central sindical entende que a clase traballadora só poderá  defender os seus dereitos e loitar por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario como o fixo historicamente, a través da mobilización. A folga xeral do dia 29 non foi un punto final dese proceso reivindicativo, foi parte dunha campaña que se leva a cabo dende o inicio da actual crise económica co obxectivo de mudar o actual sistema económico como única maneira de erradicar estas crises cíclicas.

A manifestación celebrada o dia 3 de novembro en Santiago e na que participaron 1500 delegados e delegadas da CIG procedentes de todo o país foi o seguinte paso nesa campaña de mobilizacións, que terá continuidade na xornada deste xoves 18 de novembro, na que están convocadas manifestacións en oito cidades galegas e unha concentración na Mariña (concretamente diante do Concello en Viveiro).

Con esta campaña de mobilizacións a CIG retoma as protestas contra as políticas antisociais postas en marcha polos gobernos, e reclama a retirada da reforma laboral e pretende frear a reforma das pensións e da negociación colectiva que  o executivo estatal planea sacar adiante nos vindeiros meses.

Por outra banda a Confederación Intersindical Galega quere amosar, tamén, o rexeitamento aos orzamentos galegos  que se están a tramitar no Parlamento. Uns orzamentos regresivos nos que cae o capitulo de investimentos e nos que se favorece a progresiva privatización dos servizos públicos.

As manifestacións están convocadas de forma case simultánea e as horas e lugares de saída previstos son:

A Coruña: 20:00 h da Praza de Vigo

Compostela: 20:00 h da Praza Roxa

Ferrol: 20:00 h da Avda de Esteiro (diante do local sindical)

Lugo: 20:30 h da Ronda da Muralla (diante do local sindical)

Ourense: 20:00 h do Pavillón dos Remedios

Pontevedra: 20:00 h da Praza da Ferrería

Vigo: 20:00 h da Vía Norte

Vilagarcía: 20:00 h da Casa do Mar

Viveiro: 19:00 h. Praza do Concello (concentración)

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive