18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Mulleres do Concello de Barreiros aprenderon bricolaxe con pintura, carpintería, electricidade e fontanería

29-11-10

Nota de prensa
Este ano con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, a Concellería de Servizos Sociais de Barreiros organizou un curso de bricolaxe con catro módulos no que participaron 26 mulleres do Concello os días 25 e 26 de novembro. O día 25 impartíronse os módulos de pintura e carpintería (16:00 a 20:00 horas) e o día 26 foi o turno para os módulos de electricidade e fontanería (16:00 a 20:00 horas). Asemade, como acto de recoñecemento ás víctimas todas as participantes fixeron simbolicamente un lazo humano (do que se adxunta foto). Os módulos foron impatidos por catro profesionais do sector correspondente, aos cales se lles agradeceu a participación e se lles fixo entrega dun agasallo pola representante da Concellería.O día 26, contóuse coa presencia do alcalde, Alfonso Fuente Parga para despedir o acto.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive