NOTA DE PRENSA.
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS ( 27-11-2010 ) 43 INSCRITOS: 26 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 158 | 12 |
| SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 145 | 10 |
| TERCEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 144 | 8 |
| CUARTO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 134 | 7 |
| QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 129 | 6 |
| SEXTO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 125 | 5 |
| SÉTIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 125 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 125 | 3 |
| NOVENO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 112 | 2 |
| DÉCIMO | FRANCISCO PÉREZ FERNÁNDEZ | 111 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 66 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | AITOR BOUSO GAVÍN | 93 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 74 | 4 |
| TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 45 | 3 |
| CUARTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 44 | 2 |
| QUINTO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 42 | 1 |
| MELLOR BOLADA | AITOR BOUSO GAVÍN | 49 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 81 | 6 |
| SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 76 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 74 | 3 |
| CUARTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 52 | 2 |
| QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 52 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 37 | 1 |
INCIDENCIAS DA 8ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE MORÁS – Sábado, 27 NOVEMBRO 2010)
-Tarde chuviosa, que practicamente non deu respiro aos xogadores.
-43 inscritos, 26 na Liga Senior, 8 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Poucos cambios nesta categoría, agás o ascenso de Luis Rancaño á terceira posición da táboa en detrimento de José Rafael. O máis salientable desta tirada, agás Luis Rancaño, foi o froxo papel desempeñado polos primeiros da clasificación, onde o actual líder Arturo Vigo non logrou puntuar, e así e todo sigue encabezando. Decir que esta Liga está moi aberta, con cinco xogadores nun pano, xa que de Arturo Vigo (1º) a Moisés Rodríguez (5º) só hai 5 puntos de diferencia. Polo tanto, a falla dunha tirada para completar a primeira volta, a Liga está ao roxo vivo, sin ningún xogador que destaque especialmente. Detrais dese quinteto de cabeza, temos varios xogadores (Francisco Pérez e César Cancelos básicamente) que están loitando por non desengancharse da cabeza.
A victoria nesta tirada para José Manuel Cociña, quen ata o momento estaba a completar unha horrible temporada, xa que é un xogador que normalmente, e dende hai moitos anos, sóle acabar entre os 10 primeiros. Esta victoria permítelle pasar da 19ª posición á 11ª, máis acorde coas súas posibilidades.
Liga Sub 18.- Os xogadores/as desta Liga prácticamente repetiron nesta tirada as posicións da táboa xeral, polo que non hai variacións na mesma; o trunfo de Aitor Bouso permítelle sacar unha pequena vantaxe (4 puntos) á segunda clasificada que non é outra que Salomé Cardoso. Aitor, Salomé e Daniel siguen mantendo un ritmo regular, e xa teñen unha notable diferencia respecto ao 4º e 5º clasificados, respectivamente Samuel Rey con 13 e Laura Iglesia con 11, os cales nas vindeiras tiradas terán que afinar moito se non queren quedar descolgados.
Liga Feminina.- Ningún cambio na clasificación nesta Liga, pero si temos que sinalar que a Lideresa (Dolores Baño) perdeo cáseque toda a vantaxe que tiña respecto das súas perseguidoras, despois de dúas malas tiradas nas que só consigueu un punto, dahí que como non espabile, pode perder moi fácilmente o liderato. A posuidora actual do título Carmen Roca, con 28 puntos, ven apretando moi forte, con 10 puntos obtidos nas dúas últimas tiradas. Terceira Belén Meitín con 22 puntos, xogadora que comezou este ano na práctica dos bolos e que está a ser unha agradable sorpresa. Moi cerca temos tamén a Concepción Piñeior con 20 puntos e a Sub 18 Salomé Cardoso con 16. Recordamos que as xogadoras Sub 18 teñen dereiro a participar nas dúas ligas, na Liga Sub 18 e na Liga Feminina.
A Vindeira tirada, e última da Primeira Volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SUMOAS O VINDEIRO SÁBADO, 4 DE DECEMBRO DE 2010.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
