- Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
Ata este venres visitan empresas e centros educativos. Esta é a primeira vez que Apaga sae nunha mobilidade a un país fora da Unión Europea. Doural subliña que “esta viaxe para Apaga supón un impulso importante, xa que se crean outras zonas de traballo e de intercambio de experiencias”.
- Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
Está organizada polos hostaleiros locais coa colaboración do Concello. As racións serviranse a partir das 19h a un prezo de 15€. A animación musical correrá a cargo da Batukada da Charanga A Choca, de Ribadeo. Participarán 7 locais.
- Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: "Médicos no Vicedo xa!"
Será o domingo, 31 de marzo, con saída ás 11.30 desde o Concello ata o centro de saúde.
- En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove
Este mércores foi o prato forte coa presentación do conto musical infantil “Unha perla no mar”, no Salón de Actos do Centro Cívico.
- Mostra de Fotografía Antigua en Bres, Taramundi
Será a partir do 28 de marzo no Centro de Artesanía.
- Cos talleres de cap paint (pintado de gorras trucker) e de tattoo deron comezo este luns as actividades de cultura urbana Ribadeo na rúa, organizadas polo Concello
Debido á previsión de mal tempo para estes días a programación destinada á mocidade trasladouse ao pavillón do Ceip Gregorio Sanz.
- Un total de 28 estudiantes do College Lucie Aubrac de Loiret están de intercambio co IES Illa de Sarón de Xove e o IES de Foz. Deste grupo, 13 estan en Xove
Dende o IES Illa de Sarón se lles preparou un amplo programa de actividades: o luns foron á Pastoriza onde aprenderon e practicaron xogos tradicionais e Paintball; o martes visitaron a fábrica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados, o Barco Museo de Burela e tamén visitaron a lonxa; o mércores foron a Santiago onde viron a catedral e o Museo do Pobo Galego; o xoves pasaron o día en Xove, onde foron recibidos no Concello; este venres visitarán Viveiro, e o sábado pasarán o día coas familias acolledoras. Este intercambio completarase coa viaxe a Francia (devolución de visita) que realizarán os nenos de Xove e de Foz na segunda semana de abril.