21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Igualdade de sexos

17-12-10

Dun tempo a esta parte fálase sen cesar dunha cuestión tan peliaguda e mal manexada e peor entendida como a igualdade sexual, é dicir, a intención de que o mundo funcione do mesmo xeito, sexa este ben, mal ou regular, tanto para o home como para a muller. Nese sentido, eu, dende logo, coñecedor das virtudes e defectos do meu sexo e das continuas e reiteradas equivocacións da sociedade e da historia, apoio con todo o meu sentidito común esa iniciativa: a de que todos sexamos iguais, e que non importe o noso sexo, nin raza, nin relixión á hora de conseguir un traballo ou ter dereito ao voto, ou o que sexa, que tampouco vamos a ir agora con caralladas e ruxe ruxes.

Con todo entendo que non se está poñendo en práctica correctamente ese proceso de igualdade sexual, e que a miña xeración, a máis concienciada de que as persoas somos persoas, ante todo, independentemente do noso sexo, estamos sufrindo os efectos colaterais diso que quixeron chamar “igualdade” e que, ao parecer, consiste en que algunhas mulleres,  nos dividan en cans, porcos e paxaros, ou que os anuncios da estúpida televisión nos pinten como lelos, insensibles e algo porquellos, ou que se escriba “os/as” alá onde leamos ou ao revés, porque hai que ser politicamente correctos.

Lin en algún sitio que alguén  mantiña que a discriminación positiva é necesaria mentres non esteamos ao 50% ámbolos sexos. Ben, esa é a xenial idea? Eliminar as diferenzas e desfacernos da discriminación discriminando? Quero que me valoren por quen son, polo meu comportamento e o meu traballo, e que non se me negue o que sexa pola miña raza, a miña relixión ou o meu sexo. Se imos eliminar barreiras, fagámolo ben e non repitamos os mesmos erros, que xa somos maiorciños, tanto homes como mulleres.

Admito que o sector feminino foi, desgraciadamente, moi prexudicado durante a historia e que iso debe corrixirse o máis rápido posible. Pero na miña opinión, ter que regular esas cousas por porcentaxes non é aconsellable. Por que ten que haber unha porcentaxe de mulleres en política? Se hai máis mulleres que homes que saben facer política, que elas sexan protagonistas, e se non, pois ao revés. Sen marcarse límites e atendendo a virtudes e capacidades, e sen atender ao matiz sexual., sobre todo agora en precampaña electoral, que onde a triste realidade e que algúns alcaldes en vez de levar mulleres levan floreiros.

Otero regal

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive