22 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O delegado de Cultura da Deputación asistiu á entrega de xoguetes recollidos nos museos da provincia

30-12-10

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA ASISTIU Á ENTREGA DOS XOGUETES RECOLLIDOS NOS MUSEOS DA REDE PROVINCIAL, QUE A PEÑA A PATACA NARANXA DISTRIBUIRÁ ENTRE OS NENOS MÁIS NECESITADOS

A peña do CD Burela leva anos colaborando con recollidas de xoguetes para os nenos e nenas que menos teñen, e nos vindeiros días repartirán os que hoxe se atopaban no Museo do Mar entre os pequenos da zona da Mariña

CERVO, 30 de decembro de 2010. O delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta tarde á entrega dos xoguetes que foron recollidos nos Museos da rede provincial á peña do CD Burela A Pataca Naranxa, que se encargará de distribuílos nos vindeiros días entre os nenos e nenas máis necesitados de varias zonas da Mariña.

Antonio Veiga mostrou a súa satisfacción pola cantidade de xoguetes reunidos, e deu as “grazas a todos os nenos e nenas, tanto de San Cibrao como doutros lugares onde se recolleron xoguetes, xa que con esta iniciativa lograrase que moitos nenos e nenas sorrían nestas datas nas que a infancia é protagonista”. Pola súa banda, Encarna Lago, xerente da rede museística, explicou que ao longo destas festas os pequenos estiveron realizando varias actividades dentro do programa de Nadal dos centros, aos que cada un levou un xoguete para regalar aos que máis o necesitan. Estes agasallos estaban esta tarde no Museo do Mar, listos para ser entregados a Juan Izquierdo, presidente da Pataca Naranxa, que se encargará de levarllos a quen menos teñen nestas datas. Como el mesmo explicou, xa se repartiron xoguetes arredor do día de Nadal e, antes de reis, distribuirase os que hoxe levou do Museo do Mar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive