19 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP pide axilidade á Deputación para parar o deterioro do Mirador de Mondoñedo

09-12-10

NOTA DE PRENSA

Candia e Barcia pídenlle axilidade á Deputación para parar o deterioro do mirador de Mondoñedo

* Consideran “exemplo de nulo traballo” que en tres anos e medio os responsables do goberno provincial non adoptase ningunha medida que permitise poñelo en valor

Mondoñedo, a 9 de decembro de 2010.- O Partido Popular, a través da súa voceira en Mondoñedo, Elena Candia, e do voceiro adxunto na Deputación, José María González Barcia, considera que as disculpas da Deputación en relación co estado do mirador de Mondoñedo son “de mal pagador”, e demostran a incapacidade da que fai gala o bipartito provincial a hora de xestionar os recursos e o patrimonio da propia institución.

Os populares consideran que “é un exemplo claro do nulo traballo que en tres anos e medio non se buscase unha solución para esta infraestructura” e non dubidan en responsabilizar, tanto do seu deterioro como da conseguintemente perda do patrimonio de todos os cidadáns desta provincia, ó presidente da administración provincial José Ramón Gómez Besteiro pola súa “desidia”.

Barcia salientou a este respecto que “Besteiro pasa a miúdo pola estrada, a moi poucos metros do mirador, pero non se preocupou o máis mínimo polas condicións nas que se atopaba”.

Pola súa banda, Elena Candia considera que a imaxe que dá o mirador resulta negativa para Mondoñedo; e repróchalle ó bipartito local que non prestara atención ó deterioro que presenta nin reivindicara ante a Deputación o seu mantemento.

En conclusión, Candia e Barcia pídenlle axilidade á Deputación para evitar que as instalacións sigan deteriorándose e para que lle busque un uso que resulte axeitado ás súas características. Salientan a este respecto que hai persoas interesadas en facelo pero que “inxustificadamente” a Deputación estalle a dar largas, impedindo así a súa explotación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive