18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta cedeu un vehículo para a policía local de Mondoñedo e outro para a de Ribadeo

03-01-11

Nota de prensa

A Xunta entrega aos concellos 20 todoterreos e 20 motocicletas para as súas policías locais

A Estrada, 3 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu hoxe na Estrada o acto de entrega de 20 vehículos todoterreo e 20 motocicletas para os Corpos de Policía Local de Galicia, ao que asistiron alcaldes dos municipios beneficiarios, os directores xerais de Administración Local e de Emerxencias –Norberto Uzal e Santiago Villanueva- e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entre outros.

Os todoterreos que o Goberno galego vén de ceder aos concellos foron adquiridos grazas ao Fondo de Compensación Ambiental, un fondo procedente do canon eólico que permite que os municipios galegos se beneficien por vez primeira das explotacións eólicas, e ao abeiro do cal a Xunta xa entregou a pasada semana 60 todoterreos para Protección Civil a outros tantos concellos galegos. Os vehículos entregados hoxe contan con aparellos de medición de ruídos e con dispositivos de toma de mostras para labores medioambientais.

Hoxe recibiron todoterreos para Policía Local os concellos de Cabana de Bergantiños, Cabanas, Narón, Santa Comba, Zas, Mondoñedo, Palas, Tordoia, Carballiño, Pontecaldelas, A Rúa, Verín, Baiona, A Cañiza, O Grove, Mos, Nigrán, Ponteareas, Silleda e Vilanova de Arousa, mentres que as motocicletas foron para Betanzos, Boiro, Cambre, Melide, Pobra do Caramiñal, Ribeira (2), Ribadeo, Barbadás, Bueu, Cambados, A Guarda, Nigrán, Poio, Porriño (2), O Rosal, Salvaterra, Sanxenxo e Soutomaior.

Deste xeito, o Goberno galego continúa a contribuír a dotar dos medios materiais necesarios ás Policías Locais de Galicia, nunha aposta que se complementa co esforzo que se leva a cabo na formación dos axentes na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e co desenvolvemento da Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia.

Precisamente hoxe saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a orde que establece os elementos de configuración externa e o deseño para o marcado e a rotulación dos vehículos a disposición das policías locais e vixilantes municipais de Galicia. Os vehículos entregados hoxe xa foron rotulados seguindo as indicacións estipuladas nesta nova normativa.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive