13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

E esta noite os reis traerán …

05-01-11

E esta noite os reis traerán …

(Escrito na mañá do 5 de xaneiro)

Que che fai falla? Unha residencia da terceira idade?

Un pxom?

A aclaración do caso das vidrieiras da capela do cemiterio?

A ver, … ti que pediches?

– xa sabes que para que traian cousas os reis, hai que pedilas con ganas e comprotarse dun xeito adeecuado para conseguilas … –

Eu só podo deixar un adianto, a modo dos caramelos que se botan nas cabalgatas, en forma de ligazón á documentación do PXOM, [http://www.ribadeo.org/interior.php?txt=arbore_web102&lg=gal] que nestes momentos nos que escribo aínda está en internet para quen a queira consultar e pensar no tema.

En canto ó de conseguir as cousas, pasa polo camiño que comecei a expoñer antes: ver a necesidade das cousas (como introducción), pedilas por escrito como expresión e facer convencemento activo de quen ten que facer ‘a entrega do agasallo’ como modo. E, aínda que o ‘momento máxico’ poda ser unha noite, só un momento, lévase preparando moito tempo …

Antonio Gregorio Montes

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive