25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Na terceira tirada da segunda volta do campionato de bolos de Xove participaron 42 persoas

31-01-11

Nota de prensa


XXIIª  TIRADA DE BOLOS  – XIª SUB 18 –  IIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2010/2011)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE  (29 XANEIRO 2011 42 INSCRITOS:  24 NA LIGA SENIOR,  9 NA LIGA SUB 18  E    9  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO LUIS RANCAÑO BOUSO 159 12
SEGUNDO ARTURO VIGO CASABELLA 157 10
TERCEIRO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 153 8
CUARTO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 152 7
QUINTO OMAR CABRERA MACÍAS 147 6
SEXTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 147 5
SÉTIMO JOSE VIGO LAGE 141 4
OITAVO AUGUSTO ALBO OCAMPO 137 3
NOVENO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 134 2
DÉCIMO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 129 1
MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE 65 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO AITOR BOUSO GAVÍN 97 6
SEGUNDO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA 40 4
TERCEIRO LARA DOMÍNGUEZ BAÑO 33 3
CUARTO SAMUEL REY ÁLVAREZ 21 2
QUINTO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 18 1
MELLOR BOLADA AITOR BOUSO GAVÍN 40 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 88 6
SEGUNDO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 86 4
TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 77 3
CUARTO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 63 2
QUINTO SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 60 1
MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO  FRAGA 46 1

INCIDENCIAS DA   13ª  TIRADA

(CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE- Sábado,  29 XANEIRO 2011)

-Tarde bastante agradable, iso sí, con ameazas constantes de choiva. Campo mollado, en regular estado.

-42 inscritos,    24  na Liga Senior,    9  na Sub 18 e  9 na Liga Feminina.

Liga Senior.-  Segunda victoria de Luis Rancaño, e neste caso permítelle encaramarse ao terceiro posto con 78 puntos, sobrepasando a Ginés Rodríguez, quen está realizando unha segunda volta francamente mala, sumando só 5 puntos nas tres últimas tiradas. Ginés non pode permitirse máis fallos se non quere perder o tren do campionato e quere aspirar a renovar a victoria obtida o pasado ano. Por outra banda, o liderato compartido da pasada semana desfaise a favor de Arturo Vigo, que agora lidera en solitario con 90 puntos, despois de 35 puntos obtidos nas tres últimas tiradas, ousexa, que nestas tres tiradas sacoulle 30 puntos a un xogador coma Ginés Rodríguez. Segundo posto ocúpao José Rafael González con 87 puntos, quen está sendo moi regular, puntuando sempre do medio da clasificación para arriba.

Liga Sub 18.- A líder Salomé Cardoso non foi siquer capaz de puntuar, o que no é óbice para que manteña o liderato con 49 puntos, pero con só 5 de diferencia con respecto ao segundo, Aitor Bouso, quen logrou recortar en 7 puntos a súa desvantaxe. Tampouco logrou puntuar Daniel López, que perde a segunda posición e ocupa agora o terceiro posto con 40 puntos. Xa moi alonxados Samuel Rey E Claudia Fernández con 19 puntos.

Liga Feminina.- Dolores Baño sigue instalada solidamente na cabeza con 50 puntos gracias a regularidade nas súas tiradas.  A victoria de Belén Meitín permítelle ocupar a segunda posición con 45 puntos gracias á victoria obtida, sobrepasando á vixente campiona Carmen Roca, quen ocupa a terceira praza con 41 puntos e cunha traxectoria moi errática, con 8 puntos obtidos nas últimas catro tiradas, pobre bagaxe se quere revalidar  o título desta temporada. Inda así e todo, calquera das tres primeiras clasificadas ten potencial suficiente para poder alzarse co trunfo final, dahí que a final de temporada, e nas cinco tiradas que restan por disputarse, inda se poden producir máis volcos na cabeza; pero do que sí estamos cáseque seguoros, e de que os tres grandes premios finais van estar entre as tres xogadoras que ocupan agora a cabeza da clasificación.

A Vindeira tirada, e cuarta  da Segunda Volta, vai ter lugar na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE A VARA, NA PARROQUIA DE XUANCES  O VINDEIRO SÁBADO, 5 DE FEBREIRO DE 2011.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive