15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Concello de Burela e CD Burela FS renovaron o convenio de colaboración para a tempada 2010-11

21-02-11

Nota de prensa

RENOVACIÓN DA XESTIÓN DA ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL 2010-11

O CD Burela FS renovou esta mañá o seu convenio de colaboración co Concello de Burela para 2010-11, polo que a entidade laranxa se responsabiliza, unha tempada máis, da xestión da escola deportiva municipal de fútbol sala. A concelleira de Deportes, Neves Cando, e o presidente do club, José Ramón González Casas, asinaron a continuidade do compromiso no consistorio.

Este é o cuarto ano do club laranxa á fronte da escola deportiva municipal, con máis de 150 rapaces/as en 10 equipos, entre prebenxamín e infantil.

Na xuntanza de hoxe tamén estiveron presentes Pedro Chao e Carlos Méndez, representando o Club Baloncesto Burela, e José García, da SD Burela.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive