20 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A asociación provincial de empresarias adaptase á plataforma de comercio electrónico da Deputación

08-02-11

Nota de prensa

A Asociación Provincial de Empresarias, primeira en adaptarse á nova plataforma de comercio electrónico da Deputación

– Esta semana a Deputación adxudica o concurso que arranca o primeiro “centro comercial on line” de toda a provincia

– O Presidente asinou un convenio coas Empresarias de Lugo no que lles achega 46.000 euros para a adaptación á plataforma provincial

– Gómez Besteiro salienta que “o noso obxectivo é que en abril todas as PEMES e autónomos de Lugo poidan sumarse ó noso proxecto co fin de aumentar os seus beneficios e impulsar a economía”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que esta semana quedará adxudicado o concurso para a posta en marcha da primeira plataforma de comercio electrónico na provincia. Trátase dunha iniciativa, dotada de 630.323 euros e co-financiada polo organismo provincial e a Unión Europea, que permitirá exclusivamente ás empresas lucenses pór a venda os seus produtos a través de Internet no primeiro “centro comercial on line de Lugo”. As primeiras en adaptarse e a esta plataforma foron as empresarias que, a través da Asociación Provincial que as representa, recibiron unha subvención de 46.000 euros para consolidar a páxina web que están a ultimar, na que exporán e informarán sobre os seus produtos os cales estarán á venda mediante un enlace á plataforma de comercio electrónico da Deputación. “O noso obxectivo é que en abril todas as PEMES e autónomos lucenses poidan sumarse ó noso proxecto co fin de aumentar os seus beneficios e impulsar a economía”, explicou o Presidente.

A plataforma de comercio dará os seus primeiros pasos en marzo. Esta iniciativa tecnolóxica, enmarcada dentro do Innova-TE, suporá importantes beneficios para as empresas da provincia porque será un espazo onde as PEMES da provincia poderán anunciarse, vender e distribuír os seus produtos en novos mercados as 24 horas do día; permitirá a realización de operacións de pago electrónico e facturación electrónica; incrementará a autonomía das empresas na xestión dos seus catálogos de produtos; ofrecerá por vez primeira unha imaxe de marca de Produtos de Lugo, independentemente do proveedor que os ofreza; e aforrará tempo e cartos as persoas que mercan no primeiro “centro comercial” on line da provincia.

En España hai máis de 10 millóns de internautas que mercan a través da Rede xerando un volume de negocio de case 8.000 millóns de euros segundo datos do Ministerio de Industria. O Observatorio da Sociedade da Información de Galicia mantén que as empresas da provincia son as que menos presenza teñen en Internet de toda a Comunidade. Tan só un 5,7% vende os seus produtos a través deste sistema. A continuación, estarían Ourense cun 8,5%, Pontevedra cun 8,7% e, finalmente, Coruña cun 11%. Nembargantes, existen casos moi destacados como “bicicletasguillermo.com”, unha empresa monfortina que xá factura o 70% das vendas a través de internet.

As Empresarias, as primeiras

Gómez Besteiro fixo este anuncio durante a sinatura do convenio coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo mediante o cal o organismo provincial aporta a este colectivo 46.000 euros. Esta cantidade achégase para permitir a adaptación do novo portal web que están a ultimar e onde 30 empresarias amosan seus produtos á plataforma de comercio electrónico da Deputación.

Esta iniciativa engádense a outras medidas postas en marcha polo organismo provincial que potencian o comercio. Por exemplo, as primeiras subvencións en España coas que o organismo provincial asumiu os gastos correntes de centos de autónomos, moitos deles comerciantes; o apoio á celebración da 1º Feira Outlet de comerciantes da cidade de Lugo que acadou, en só 2 días, un volume de negocio superior ós 100.000 euros; ou o curso personalizado de formación “Burela co seu comercio” .

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive