23 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A delegación municipal de Sanidade repartirá iogures líquidos nos colexios de Burela

14-02-11

Nota de prensa

A DELEGACIÓN DE SANIDADE REPARTIRÁ DESDE MAÑÁ IOGURES LÍQUIDOS NOS COLEXIOS DE BURELA. SONIA FRAGA DI QUE O OBXECTIVO É CONCIENCIAR AOS NENOS E AOS SEUS PAIS DA IMPORTANCIA DE INXERIR LÁCTEOS.

Burela, 14 de febreiro de 2011. A Delegación de Sanidade repartirá desde mañá iogures líquidos nos centros de ensino da vila. A edil Sonia Fraga explica que “dadas as estadísticas recentes, nas que se reflicte que se ve incrementada a inxesta de bebidas gaséoas e contraproducentes, queremos previr nós rapaces/as, coa toma de produtos lácteos, problemas adversos e axudar á correcta formación dos ósos e así evitar diversas enfermidades que se poidan desenvolver co paso dos anos”.

A actividade baséase na inxesta, cada quince días ata finalizar a etapa escolar 2010/2011, de iogures por parte dos alumnos/as dos colexios C.E.I.P. Vista Alegre e C.E.I.P. Virxe do Carme.

A concelleira de Sanidade sinala que “con este proxecto, preténdese chegar de forma directa a tódolos nenos/as en idade escolar, matriculados nos centros escolares do Concello de Burela. De maneira indirecta, a acción repercutirá en pais, nais, titores e no ámbitos social e familiar de tódolos nenos/as. Queremos concienciar aos rapaces/as e titores legais, da importancia da inxesta do leite ou iogur para a formación dos osos nos rapaces/as de idade temperá, e para a prevención de enfermidades”.

O reparto dos iogures líquidos nos colexios será mañá 15 de febreiro e os días 1, 15 e 29 de marzo; 5 e 26 de abril; 3, 18 e 31 de maio e 14 de xuño.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive