Nota de prensa
NOTA DE PRENSA
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
Mañá, sábado 26 de febreiro, ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello, vai ter lugar a ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA, acto que vai estar presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro. Ao mesmo están invitadas tódalas participantes do mesmo.
Este Curso desenvolveuse dende o 24 de maio ao 17 de novembro de 2011, e no mesmo participaron 15 mulleres. A situación actual das 15 persoas que realizaron este Curso, é a seguinte:
-6 incorporáronse ao mundo laboral.
-4 están estudiando FP.
-1 coida a súa nai.
-4 non están traballando.
En canto ao Curso, incluiu as seguintes Unidades de Competencia:
-DESENVOLVER INTERVENCIÓNS DE ATENCIÓN FÍSCA DOMICILIARIA DIRIXIDAS A PERSOAS CON NECESIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA (170 HORAS)
-DESENVOLVER INTERVENCIÓNS DE ATENCIÓN PSICOSOCIAL DOMICILIARIA DIRIXIDAS A PERSOAS CON NECESIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA (210 HORAS)
-DESENVOLVER AS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA XESTIÓN E FUNCIONAMENTO DA UNIDADE CONVIVENCIAL (100 HORAS)
-PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS (120 H.)
-TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGO (15 HORAS).
-IGUALDADE DE OPORTUNIDADES (10 HORAS).
Ademáis disto, as cursillistas disfrutaron de experiencias externas, recibindo visitas na propia Aula (Masaxista Municipal, Equipo de Teleasistencia da Cruz Vermella de Burela, esteticién do Salón de Beleza Marta, veterinario da Clínica Boxer, etc.), desprazándose tamén ao exterior para ver experiencias foráneas, realizando visitas ás Residencias de Maiores de Xove, Burela, Foz, e Betania de Viveiro. Tamén tiveron a oportunidade de realizar prácticas de cociña no Centro Social de Morás durante 15 días con Miriam Louzao, rematando con prácticas de Auxiliar de Axuda a Domicilio (120 horas) en empresas deste tipo da zona.
Como conclusión, diremos que foi un curso realmente denso e intenso.
| APELIDOS E NOME | Concello de Procedencia das Cursillistas |
| ABAD FERNÁNDEZ, MARÍA JOSEFA | Viveiro |
| ARES BERMÚDEZ, Mª JUSTA | Burela |
| ESTEVES GARCIA, SUSANA | Xove |
| FRAGA GARCÍA, ÁNGELES | Viveiro |
| GONZALEZ PAZ, MARIA GLORIA | Burela |
| GONZÁLEZ REY, MARIA PILAR | Cervo |
| LAGE FERNANDEZ, MONTSERRAT | Xove |
| LÓPEZ BARRO, LUCÍA | Viveiro |
| LOPEZ COSTA, DOLORES | Burela |
| LOPEZ LORENZO, JUANA | Burela |
| MEDEROS FERRO, ANA MARÍA | Viveiro |
| QUIROS CAYON, NATALIA | Alfoz |
| RAMIL DIAZ, DOLORES | Burela |
| REIGOSA DIEGUEZ, YAIZA | Xove |
| RODRÍGUEZ GARCÍA, CORAL | Viveiro |























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



