09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Foz pídelle á Xunta e ao Concello que se poñan de acordo na atención ás persoas discapacitada

09-02-11

Nota de prensa

O BNG DE FOZ INSTA Á XUNTA E AO CONCELLO A POÑERSE DE ACORDO NA ATENCIÓN ÁS PERSOAS DISCAPACITADAS

Basanta declara “que non é xusto que paguen as persoas discapacitadas e as súas familias os desencontros entre o PP e o PSOE locais”
Foz a 4 de febreiro de 2010.- O BNG de Foz pídelle á Consellaría de Benestar da Xunta de Galiza e ao Concello de Foz que se poñan de acordo para dar unha atención adecuada ás persoas discapacitadas do Concello e deixen as súas liortas partidistas a un lado.

O pasado mes de novembro anunciouse por parte do PP de Foz que a Consellaría de Benestar da Xunta de Galiza decidira ceder o local que ten na Casa do Mar para uso da Asociación Virxe do Carme de Foz de persoas discapacitadas. Pasados máis de dous meses, desde o BNG instamos pois á Xunta que executen canto antes e sen demora esta decisión que consideramos acertada e que non se converta nunha promesa electoral incumprida.

Así mesmo, no mesmo mes e a raíz desta noticia, o alcalde de Foz e a Delegada de Asuntos Sociais daban a entender que se desentendían da atención que ata o momento o Concello lle estaba prestando a estas persoas e lle traspasaba á Xunta a responsabilidade, tanto no que respectaba ao local como ao persoal que ata ese momento pagaba o Concello. Desde o 18 de xaneiro deste ano, data na que acababa o contrato dun mestre-pedagogo que atendía a estas persoas, non hai ningunha persoa cualificada para atender aos discapacitados, sen que a Xunta nin o Concello fixeran nada para cubrir inmediatamente esta praza. Por iso non entendemos que dentro do Plan Lugo Emprega da Deputación, onde se ofertan 29 postos de traballo, non se contemplase ningunha praza para cubrir a dun mestre en educación especial para este colectivo mentres a Xunta non se faga cargo do mesmo, o que da a entender o desinterese que existe cara a este colectivo.

Desde o BNG vemos moi grave que se poida estar utilizando dunha maneira meramente electoralista ao colectivo de discapacitados, tanto por parte do PP como do PSOE locais. Por iso, solicitamos con urxencia que a Xunta por un lado e o Concello por outro se poñan de acordo en cubrir as necesidades reais do colectivo de discapacitados do Concello, poñendo un local á súa disposición urxentemente así como contratando a persoas cualificadas que as atendan de forma permanente.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive