09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE de Foz denuncia “as mentiras que nos transmiten aos veciños, día tras día, co tema das autopsias”

08-02-11

Nota de prensa

AGRUPACION SOCIALISTA DE FOZ

Dende a Agrupación socialista de Foz vémonos na necesidade de acudir aos medios de comunicación para denunciar novamente os enganos que vimos sufrindo os veciños da mariña e concretamente os do Concello de Foz por parte do PP e especialmente polo Sr Balseiro. Queremos denunciar as mentiras que nos transmiten aos veciños, día tras día, co tema das AUTOPSIAS no Hospital da Costa.
Sí, temos que dicir publicamente e en voz alta que o que di o Sr Balseiro nos medios de comunicación de que non é preciso ir realizar as autopsias a Lugo é  MENTIRA,  como tamén é MENTIRA,  que se lle de a posibilidade de elixir ás familias.
Dende o PSdeG PSOE pedímoslle unha explicación pública ao PP para que diga a verdade sobre as autopsias no Hospital da Costa
A verdade é, que a fecha de hoxe, non se realizan autopsias en BURELA.
Da mesma maneira que estamos seguros, dende a executiva do PSdeG PSOE de Foz, que ningunha familia elixe voluntariamente levar aos seus defuntos a Lugo para realizar a autopsia, pois supón unha demora de case 24 horas para volver a telos aquí e poder velar os seus corpos. Esperemos, que a resposta que dean dende o PP, non sexa que están estudando o tema ou que a culpa é de Zapatero, a CULPA é do goberno do PP, que é quen ten todas as competencias en sanidade.
Por iso pedimos que deixen de enganar aos veciños da mariña, sobre todo en momentos tan dolorosos como é a perda dun ser querido.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive