Nota de prensa
DEAS PARA A INTERVENCIÓN DE FERNANDO NO ACTO DE PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA.
Hoxe, sábado 26 de marzo, co labor xa feito, eu, Fernando SUÁREZ BARCIA, no meu nome propio e no dos meus compañeiros de goberno, Mari Luz, Vicente e Horacio, presentámonos ante a sociedade ribadense para mostrarlles a candidatura coa que nos presentamos ás vindeiras eleccións do 22 de maio de 2011.
E podemos facelo coa satisfacción de termos realizado os nosos principais proxectos e co orgullo de telo dado todo na nosa dedicación ao pobo de Ribadeo ao longo destes catro anos. Con ilusión, honradez e a experiencia acumulada, soubemos poñer en práctica a cultura do acordo mostrando a nosa disposición ao diálogo con todas aquelas persoas, asociacións, grupos, institucións, organizacións políticas e empresariais que puideran aportar algo á mellora da vida de Ribadeo.
O noso programa de goberno para estes catro anos cumpriuse nunha porcentaxe moi alta. É ben certo que en tempos tan difíciles como os que nos está tocando vivir nada é suficiente para procurar mellorar as difíciles condicións polas que está a pasar moita xente. Pero non se nos pode negar o empeño posto e os resultados acadados.
Puxemos en marcha o saneamento das contas municipais e logramos unha administración máis eficaz, así como dinamizar a economía local con proxectos anovadores no eido da promoción turística. Á hora de levar a cabo as importantes inversións realizadas ao longo deste últimos anos no noso concello sempre velamos para que estas repercutiran o mellor posíbel nas empresas da zona.
Pero a nosa maior preocupación foi a xente: por iso levamos a cabo iniciativas destinadas a preservar e mellorar o noso contorno natural e histórico, buscamos solución aos problemas medioambientais que herdamos e melloramos as condicións de vida nas nosas parroquias dotándoas de mellores infraestruturas.
Apostamos polo noso futuro, os nosos pícaros e pícaras, apoiando as actividades extraescolares dos centros de ensino, a nosa Escola Municipal de Música e Danza e a actividade deportiva. A nosa actividade cultural é un referente na Mariña lucense e no Occidente astur.
Pero tamén soubemos render homenaxe aos nosos maiores con actividades variadas para que puideran continuar coa súa formación como persoas. Ademais, aquelas xentes con problemas recibiron o noso apoio cun programa de atención a domicilio (no que se incluíu tamén o “Xantar sobre rodas”).
Por suposto que seguimos a ter ideas e proxectos de futuro, pero tamén temos demostrado capacidade de xestión e habilidade suficiente para saber levar á práctica o noso programa de goberno. Coa mesma ilusión de hai catro anos, pero con novos folgos acumulados coa experiencia adquirida neste mandato, presentámonos ante toda a sociedade ribadense.
Querémoslles propoñer un novo acordo, unha nova proposta de traballo para, entre todas e todos, sacar adiante o noso concello. Temos aínda grandes retos por diante. Necesitamos o seu apoio para poder continuar co noso esforzo. Que estas eleccións non sexan máis ca un punto e seguido para continuar avanzando. Con máis forza poderemos facer realidade máis proxectos.
LISTA ELECTORAL DO BNG DE RIBADEO
PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22 DE MAIO DE 2011
1. Fernando Suárez Barcia
2. Mari Luz Alvarez Lastra
3. Vicente Castro Reigosa
4. Ana María Martínez Fernández
5. Horacio Cupeiro Rodríguez
6. María Teresa González Piñeiroa
7. Xavier Campos López
8. María Paz Ramil Maseda
9. Xóan Antón Monasterio López
10. Vanesa Yanes Rivas
11. Mario Pérez Teijo
12. María Ramona Trabada Fernández
13. Jorge Juan Fernández Ramos
Suplente 1º María Dolores García Docovo
Suplente 2º Xosé Luis Valea Fernández
Suplente 3º Rocio Díaz Mesa
Suplente 4º Antonio Vicente Vieites Rodríguez
Suplente 5º Paz Hermida Iglesias
Suplente 6º José Antonio Ramil Acebo























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



