28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP gana en toda A Mariña o PSOE perde apoios en toda a comarca e o BNG sube en Viveiro, Xove e Alfoz

21-11-11

O PP acadou onte a maioría dos votos do conxunto dos concellos da comarca da Mariña, que xa posuía; pasou de preto de 23 mil votos no ano 2008 a máis de 25 mil. Suliñar que o PP perdeu votos en Ourol e A Pontenova.
O PSOE perdeu unha cantidade considerable de apoios e quedouse en sen chegar aos 13 mil votos cando nas xerais do ano 2008 contou con máis de 19 mil votos. A Sangría do PSOE chegou a superar mil votos perdidos en Viveiro, e case mil en Ribadeo e Foz.
O BNG tamén baixou no conxunto da comarca e quedouse sen acadar os 6 mil votos que antes superaba, polo contrario acadou máis apoios en Xove e en Viveiro que no ano 2008.
IU subiu en todos os concellos e pasou de contar con menos de mil apoios a superar os mil quintetos.
Suliñar que o PP perdeu votos en Ourol e A Pontenova mentres o BNG subiu en Xove en Viveiro.

Resultados electorais nos concellos da Mariña en votos para PP, PSOE, BNG e IU

PP PSOE BNG EU
2.011 2.008 2.011 2.008 2.011 2.008 2.011 2.008
Alfoz 824 801 406 593 149 143 24 4
Barreiros 1.280 1.143 409 678 276 375 53 13
Burela 2.825 2.515 1.195 1.912 501 636 184 61
Cervo 1.545 1.383 1.007 1.469 281 385 161 72
Foz 3.061 2.651 1.849 2.772 670 887 208 65
Lourenzá 917 857 448 708 181 249 22 6
Mondoñedo 1.387 1.112 659 1.106 370 560 57 13
Ourol 468 452 271 408 40 51 18 10
A Pontenova 978 756 716 1123 141 189 26 6
Ribadeo 3.041 2.750 1.508 2.442 696 918 267 85
Riotorto 572 471 223 397 228 238 13 3
Trabada 630 580 166 300 75 105 15 2
O Valadouro 805 772 406 547 135 222 36 7
O Vicedo 828 772 223 448 112 148 20 5
Viveiro 4.640 4.126 2.721 4.395 1.238 1.173 347 236
Xove 1.462 1.396 451 760 343 297 63 31
Total 25.241 22.904 12.658 19.691 5.436 6.576 1.514 619

Evolución voto eleccións xerais na Mariña



1.986 1.989 1.993 1.996 2.000 2.004 2.008 2.011
PP 13.705 16.089 22.370 24.630 27.396 24.308 22.066 25.241
PSOE 14.193 14.645 16.287 17.077 11.244 19.304 19.611 12.658
BNG 801 1.457 3.741 5.371 7.429 5.464 6.350 5.436
Evolución voto eleccións municipais na Mariña
2.003 2.007 2.011




PP 22.680 17.101 17.261




PSOE 10.122 12.455 9.270




BNG 7.178 6.842 8.161











Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive