20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comunicado do grupo provincial do BNG en relación coa polémica suscitada polo PP sobre o asesor Vicente Castro

20-08-13

En relación ás críticas realizadas polo Grupo Provincial do Partido Popular nas que acusa a Vicente Castro Reigosa de realizar funcións distintas ás que lle son propias como asesor da Deputación, desde o Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego quérese aclarar que:

•As afirmacións realizadas desde o Grupo Provincial do Partido Popular son rotundamente falsas en canto Vicente Castro Reigosa desenvolve as funcións fixadas na relación de postos de traballo da Deputación lucense e nos horarios e espazos fixados para tal fin no documento orzamentario.

• O Partido Popular segue empregando a mentira para tapar as súas miserias. O seu obxectivo é crear cortinas de fume para evitar dar explicacións sobre todas as sospeitas que recaen sobre el. Sería mellor que se preocupase de dar conta das súas miserias tanto no ámbito nacional, como comarcal e local.

• Co seu silencio, o Partido Popular outorga cando non desminte que dirixentes como Xosé Manuel Barreiro e Xosé Manuel Balseiro son os políticos galegos que máis cobran, e outorgar cando non despexa dúbidas de como entrou, no seu momento, na escola taller do Valadouro o presidente local da formación conservadora en Ribadeo, e así poderíamos seguir facendo un amplo repaso sen saír da localidade.

• A verdade só ten un camiño. Lamentamos que o Partido Popular, coñecendo cal é a verdade, opte por falseala e manipulala, mais o Bloque Nacionalista Galicia non vai participar do seu xogo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive