O 3 de Maio de 1903 estreábase un ferrocarril que cubría a liña Vilaodrid-Ribadeo, e aínda que nun principio serviría para o transporte de mineral, máis tarde acabaría dando servicio a viaxeiros. 110 anos despois, o fotógrafo Xosé Reigosa, natural do Concello de Barreiros, presenta un documental sobre a vida daquel tren que acabou sendo apodado “A Chocolateira” debido ao seu deterioro nos últimos anos.
Os medios de transporte cos que contaba a veciñanza da comarca oriental da provincia lucense ata que o tren se habilitou para o transporte de persoas e mercadorías, eran escasos e precarios. Como sinala o autor “o tren fixo de medio de comunicacións, nunha zona donde ata entón soio era posible viaxar en cabalo, carro ou en barca polo río Eo. (A estrada Lugo Vegadeo non se inaugura ata 1922). Polo que nos podemos facer unha idea da importanciaque tivo a existencia deste tren para a Comarca”, e “trouxo riqueza á zona e recórdano con moito cariño. Grazas a él montáronse industrias e comercios e significou a posibilidade de viaxar dun xeito cómodo”.
Ante a competencia do transporte por estrada, o tren deixou de funcionar no ano 1964 e son poucos os vestixios que se conservan del hoxe en día. Xosé Reigosa recolle a existencia destes restos en forma de documental e tamén a memoria de 21 veciños e veciñas que viviron aquela etapa.
O Colectivo Cultural Ollomao trae a Barreiros a proxección deste documental, dunha duración de 50 minutos. O acto terá lugar a carón da capela do San Bartolo este sábado 10 de Agosto, ás 22:00h. e contaráse coa presenza do director do documental.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



