17 de Xaneiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Ribadeo recibirá preto de 40 publicacións que se atopan en fase de restauración no Arquito Histórico de Galicia

21-11-13

Ribadeo, 21 de novembro de 2013. O Concello está a piques de recibir do Arquivo Histórico de Galicia preto de 40 libros de actas e outras publicacións que desde hai anos se atopaban en fase de restauración. Algúns datan do ano 1536 e outros do século XIX e son, segundo o alcalde, Fernando Suárez, “unha parte moi importante do noso pasado”, e engade que “un pobo que esquece o seu pasado é un pobo sen futuro”.

O rexedor dixo que “a noticia de hoxe non é precisamente económica nin do ámbito das infraestructuras, que son todas noticias moi benvidas. Referímonos á historia de Ribadeo e á importancia de ter un concello que non naceu hai catro días, senón que ten moitos séculos de historia e de historia documentada”.

Fernando Suárez anunciou que “o Concello recibirá en breve unha serie de libros de actas que estiveron durante bastantes anos en fase de restauración no Arquivo Histórico de Galicia, na Coruña, e onde imos recuperar unha parte moi importante do noso pasado, dos nosos antergos e de cómo era Ribadeo desde o século XVI, dado que os libros de actas datan do 1536, e van ata o XIX. Si é certo que no Concello de Ribadeo se conservaba documentación histórica deste tipo, pero xa hai moitos anos que varios libros se enviaron para a súa restauración e finalmente é agora, cando despois de estar amañados, voltarán aquí para seren custodiados na casa que os viu nacer, que foi a Casa Consistorial, aínda que non era no sitio no que agora se encontra”.

Para o alcalde de Ribadeo “esta é unha moi boa noticia porque o pobo que esquece o seu pasado é un pobo sen futuro e Ribadeo ten moito futuro e vai ter moito futuro, pero si ademáis sabemos da súa historia e si podemos coñecer máis para que os estudosos poidan vir interpretalos, lelos e sacar anacos desta historia lonxana mellor, porque seguro que botará luz sobre cousas moi importantes do Concello de Ribadeo”.

Entre os ejemplares que voltarán a Ribadeo atópanse libros de actas do Concello, libros de puridade, libros de acordos e autos consistoriales da vila de Ribadeo ou cadernos de actas para uso da xunta provisional do gremio de mar de mareantes do distrito de Ribadeo. Os libros van desde o ano 1536 ata o 1840.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive