O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz informa de que a Xunta de Galicia anunciou o pasado venres, 7 de febreiro, a próxima realización de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, que se desenvolverán entre os meses de abril e maio do ano en curso. Na web institucional da Secretaria Xeral de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, figura toda a información. O prazo de presentación de solicitudes nos gabinetes provinciais de Normalización Lingüística estará aberto ata o vindeiro 24 de febreiro. Os interesados en anotarse poden dirixirse á Casa da Cultura de Foz, no teléfono 982 14 06 75 ou ben no e-mail biblioteca@concellodefoz.es.
Cursos Celga 2014