A Mariña, 11 de febreiro de 2014. Os colectivos de emigrantes retornados galegos convocan concentracións simultáneas diante das delegacións de facendo o vindeiro venres 14 de febreiro, no caso da Mariña será na delegación de Foz ás 12:00.
Modificación da lexislación tributaria para evitar a inxustiza de trato entre un ou varios pagadores.
Dende o Colectivo queremos facer fincapé na reivindicación para a modificación da lei 35/2006, que vimos facendo dende un principio, da derrogación da fatídica lei dos dous pagadores, que non só afecta aos emigrantes retornados, senón que tamén o fai a persoas en activo que por calquera circunstancia teña dous pagadores durante o período tributario, por exemplo unha persoa que quedase en situación de desemprego e ese ano cobrase mais 11.200€ brutos terá que facer a declaración da Renda de forma obrigatoria mentres que unha persoa que só teña un pagador se non ingresa mais de 22.000€ non terá obriga de declarar, feito este que queren por enriba da mesa para que todas aquelas persoas que pensen que isto non se axusta ao espírito de progresividade dos impostos do que fala a, ultimamente, moi pisoteada Constitución española e que ademais pensen que non é xusto, nos acompañen este venres en Foz.
Paralización das sancións e intereses de demora
Por outra banda os colectivos seguen esixindo a paralización de sancións e intereses aplicados pola axencia tributaria, en liña con varias sentenzas xudiciais. Dende o colectivo mariñao denunciamos que a administración de facenda obríganos a acudir á vía xudicial cos gastos que isto supón para as persoas afectadas que en moitos casos reciben pequenas pensións e ademais, tendo en conta o contexto económico, soportan o mantemento de cargas familiares.
Demandamos:
– Facilitar a regularización da situación do período 2008/2012, sen recargo nin intereses de demora.
– A anulación de todos os expedientes sancionadores instruídos pola Axencia Estatal Tributaria e a devolución do pagado.
– A modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados.
– Que a Axencia Tributaria inicie unha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras.
– Revisión dos convenios marco con outros Países, para evitar que situacións deste tipo, poidan volverse a producir.
Queremos aproveitar para agradecer, por adiantado, a todos os compañeiros do colectivo e a aqueles que queiran acompañarnos, a participación na concentración do día catorce diante da oficina da Axencia Tributaria de Foz as doce do medio día e animalos a seguir loitando.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



