24 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O IES de Ribadeo acolle entre o mércores e o xoves a XX Feira da Ciencia

08-04-14

O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo acolle entre este mércores 9 de abril e o xoves 10 a XX Feira da Ciencia de Ribadeo nun horario de 09.20 a 13.10 horas.

Son 26 os traballos realizados por unha centena de alumnos e alumnas do centro os que participan nesta feira na que serán expostos e explicados polos mesmos alumnos que os realizaron.

A feira representa o remate dos traballos sobre diversos aspectos científicos, aínda que con posterioridade de moitos deles farase unha memoria detallada sobre a súa realización. A maioría de presentacións son expostas por primeira vez, aínda que algunha xa foi exposta noutros foros con anterioridade. Asemade, algunha foi realizada a partir da colaboración con outros centros educativos.

Unha vez rematada a feira, terán a oportunidade de realizar un percorrido por outros foros fóra de Ribadeo, como o Día da Ciencia na Rúa de A Coruña ou a Galiciencia de Ourense que son xa visitas tradicionais para os alumnos ribadenses, que levan achegándose á Coruña no mes de maio case dous decenios, e máis dun quinquenio a Ourense en novembro, presentando sempre traballos que foron expostos na feira de Ribadeo.

O cartel está confeccionado a partir da placa que indica a posición de Ribadeo, situada á entrada da Casa do Concello con datos do IGN, á que se lle engadiu a modo de lema desta edición ‘revelando as cousas’.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive