O Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE organiza a terceira ruta deste ano que se desenvolverá o domingo 17 de maio pola comarca de A Fonsagrada para realizar “O Camiño da República” para coñecer a antiga estrada sen rematar que uniría A Fonsagrada coa localidade asturiana de San Antolín de Ibias nun percorrido que terá como protagonista ó río Navia e o encoro de Grandas de Salime. Tamén aproveitarán a saída para facer outra pequena ruta para coñecer a Seimeira de Vilagocende, a fervenza máis grande e espectacular de Galicia. A saída en autobús dende o Centro Cívico de Xove está prevista para as 08.00 horas. O prezo da actividade é de 17 euros, 15 no caso dos non socios pero federados, 14 para os socios con seguro deportivo e 12 para os socios federados. Os interesados en recibir máis información ou inscribirse, antes do 14 de maio, poden dirixirse á piscina municipal ou ó teléfono 618 97 61 59.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



