21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Nordés presenta o nº2 de “Terras do Ortegal, revista de estudos locais”

10-09-15

O segundo volume da revista Terras do Ortegal, editada pola asociación homónima, presentarase o vindeiro sábado 12 de setembro no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, no Barqueiro, ás 18.30 horas.

Ás seis e media da tarde, contarase con Xosé María Torres, Presidente da Asoc. Terras do Ortegal, para falar dun número que se vertebra arredor do Concello de Cariño, grazas ás achegas de José Luis Armada, Eliseo Fernández, Vanesa Trevín (e colegas) ou Lois Armada, entre outros.

A temática da revista non se limita á zona cariñesa. Deste xeito, poderase atopar no seu interior artigos sobre o cemiterio de Santa Marta de Ortigueira (por Manel Bouzamaior), Secundino Rivera (por Hixinio Puentes) ou a experiencia educativa de “A Devesana” (por Narciso Luaces).
En total, 16 artigos encadernados tras da gran portada do fotógrafo Álvaro F. Polo.

Bernardo Penabade (membro de Nordés, mestre no IES Perdouro de Burela) foi a persoa que se encargou da revisión lingüística deste número 2 da revista Terras do Ortegal, e acompañará, xunto con outras persoas convidadas, a Xose María Torres na continuación desta gran iniciativa que busca a divulgación dos estudos locais dos concellos do Ortegal.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive