18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Ribadeo fíxolle entrega dunha placa a Mª Encarnación Fernández Yáñez no seu centenario

28-09-15

280915 Foto centenaria 2Ribadeo, 28 de setembro de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, visitou na tarde deste luns no seu domicilio na rúa Reinante a Mª Encarnación Fernández Yáñez, veciña do municipio que cumpriu recentemente cen anos. Mª Encarnación naceu en Cedofeita, cursou en Lugo os estudos de mestra e impartiu clases en moitos municipios da Mariña. O seu primeiro destino foi San Acisclo, en Foz, ao que despois seguiron outros en Sante (Trabada), San Isidoro do Monte (Xove), Celeiro (Viveiro) e tamén na vila de Ribadeo, onde rematou a súa andaina profesional.

Mª Encarnación Fernández Yáñez recibiu de mans do alcalde unha placa que di “o alcalde e a Corporación Municipal de Ribadeo a dona Mª Encarnación Fernández Yáñez no centenario do seu nacemento. Con todo o noso agarimo”.

Tras a súa xubilación Mª Encarnación Fernández Yáñez viaxou por moitos lugares do mundo, segundo ela mesma lle contou ao alcalde: “ata cheguei a Xerusalén”.

A homenaxeada estivo acompañada nesta xornada por parte da súa familia e pola súa coidadora.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive