As cousas, no seu sitio. Unha crise humanitaria (e polo tanto, tamén social e económica) a nivel continental (ou mesmo intercontinental, segundo como se conten os continentes) non pode facer fronte a unha fraude do fabricante de automóbiles maior (hoxe xa se fala de segundo, ou menos) de automóbiles do mundo. A fraude non é só máis actual, senón que afecta máis a unha economía central, e hai que darlle cabida nas novas e nas nosas cabezas. Os refuxiados poden esperar.
Xiro copernicano. E con causa: non son os refuxiados os importantes, senón a macroeconomía. Na realidade, os reuxiados nunca foron demasiado importantes: discutíase sobre se acollelos ou non, ou como acollelos, en función do impacto que ían a causar na sociedade de acollida, na nosa sociedade, nas nosas sociedades. Era o noso punto de vista, as molestias que nos podían causar, a avaliación de se é demasiado o disparar sobre eles se queren entrar ou non o é, enfrontada á molestia de ver as imaxes cos sus corpos destrozados pola guerra (en casos coma este, que importan as orixes da guerra?) ou outras calamidades. Todo ven por iso dos prexuízos morais que temos aínda os humanos, ese aínda que tanto nos perxudica na nosa viaxe cara á cosificación e á deshumanificación nun entorno puramente financieiro (que non económico). Ó fin, o de Volkswagen non está sendo importante por ser engano ou por ser algo máis para cargarse de xeito consciente o planeta. Non, é importante porque “se perden” cartos. Adiviñas quen vai a ser máis perxudicado con esa ‘perda’? Por certo, de canto foi a gratificación de despido do presi de Volkswagen? E coidado, que iso porque VW é unha empresa que non ten alma, non representativa. E porque os norteamericanos, como non producen case coches a gasoil, botáronse sobre unha pobre empresa ‘europea’. Tiñan que copiar das institucións europeas, que sabían algo do tema dende hai anos…
Antonio Gregorio Montes

















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



