Alfoz, 7 de abril de 2016.- A veciña da parroquia de Reirado, no concello de Alfoz, Agripina Somoza López cumpriu este xoves cen anos de idade. Desde o Concello de Alfoz quixeron facerlle unha homenaxe entregándolle unha placa conmemorativa do centenario e un ramo de flores. Na visita a Concelleira de Igualdade de Benestar, Carmen Geada Maseda, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas, acompañaron á homenaxeada e ao resto da familia nesta data tan sinalada. Con Agripina Somoza xa son tres as centenarias do concello de Alfoz.
Homenaxe do Concello de Alfoz á centenaria Agripina Somoza López
Homenaxe do Concello de Alfoz á centenaria Agripina Somoza López
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación