Foz, 7 de agosto de 2016. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e a concelleira de Política Social, Mercedes González Alonso, visitaron a unha veciña da vila focense, Francisca López Castaño, que acaba de cumprir 100 anos.
Francisca López Castaño naceu en Ribadeo o 5 de agosto de 1916, casouse con Antón Abad, un mariñeiro de Burela, e froito dese matrimonio naceron tres fillos (María Antonia, Marina e Antonio), 5 netos e outros tantos bisnetos.
O rexedor municipal felicitou a Francisca explicou que “a centenaria sentiuse sorprendida e, a pesares das súas dificultades auditivas, ten unha boa calidade de vida na casa da súa filla María Antonia, encima do local que ocupou o antigo bar Pema”.