O vindeiro venres 6 de outubro o Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro, ás 20.00 horas, acollerá a presentación do Caderno Número 6 do Seminario de Estudos do Valadouro, titulado “Introdución á apicultura”, escrito por Gonzalo Calvo Díaz, Veterinario da Asociación Galega de Apicultura (AGA). O autor asinará exemplares, que poderán ser adquiridos no mesmo Salón de Actos. O día grande da Feira do Mel de Ferreira volverase presentar o Caderno no stand do SEVA na Feira ás 12.00 horas da man de representantes do SEVA e do mundo das abellas. Logo, poderá adquirirse no stand o caderno citado, así como outros cadernos anteriores publicados polo Seminario. As dúas presentacións están enmarcadas dentro da XXIX Feira do Mel do Valadouro.
Caderno nº6 do SEVA
Caderno nº6 do SEVA
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso