19 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Visita ao Pazo do Conde de Fontao

24-11-17

Foz 23-11-17.A Asociación Socio Cultural “A Pomba do Arco” organiza o Sábado 2 de decembro unha visita guiada ao Pazo de Fontao, conxunto formado por unha ermida, unha construción dedicada a vivenda levantada sobre os restos dunha antiga fortaleza do século XVII así como un ampla fica con xardín.

O percorrido vai comprender a visita á Casa do Pazo, concretamente ao salón de retratos, onde se conservan imaxes da totalidade dos señores de Fontao desde o século XVII, así como as antigas mazmorras. A maiores visitaremos a Ermida de Santo André, antiga capela onde están enterrados algúns dos señores de Fontao e onde se atopan imaxes relixiosas dunha capela anterior situada na desembocadura do Río Ouro. Xa por último poderemos coñecer o xardín novo do finca, regado por máis de sete fontes.

As persoas interesadas en participar desta actividade, que estará guiada polo actual Conde de Fontao José Manuel Romero Moreno, deberá inscribise antes do xoves 30 no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao telefone 608-555-010. O número de prazas para a visita, que se realizara en horario de tarde, está limitadas a 25 persoas, priorizandose a orde da inscrpción e a condición de socio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive