17 de Xaneiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O obradoiro de emprego Doc-Tic dixitalizou desde o pasado mes de setembro 86 libros de actas do Concello de Ribadeo. Ana Martínez subliña a aposta do equipo de goberno pola difusión e protección deste legado

20-03-18

Ribadeo, 20 de marzo de 2018. O Concello e Ribadeo e o arquivo municipal fan balance do traballo que dende o mes de setembro de 2017 ven desenvolvendo o Obradoiro de Emprego DOC-TIC, que está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e financiado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020.

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo deron a coñecer hoxe “algúns datos que explican o traballo de organización, inventario, reinstalación e dixitalización da documentación producida ou acumulada polo Concello de Ribadeo”.

Ana Martínez explicou que “a tradución en números é a seguinte: 11.500 rexistros informáticos, que corresponden a outros tantos expedientes, e 1.400 caixas reinstaladas polas oito persoas (alumnado e monitora) que formaban parte da especialidade de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos”.

A edil ribadense seguiu a relatar que “na especialidade de Produción fotográfica, integrada por 9 persoas (8 como alumnado e unha monitora), encargáronse da dixitalización de 86 libros de actas, o que supón a creación de máis de 21.500 arquivos en RAW, que recibiron o tratamento dixital axeitado co fin de conseguir unha copia máster en TIFF, unha copia en JPEG, a creación de miniaturas para a súa previsualización e o gardado de cada un dos libros en PDF, é dicir, case 86.500 arquivos e 86 libros en PDF”.

Para Ana Martínez “todo o traballo realizado evidencia a aposta do Concello pola posta en valor, a difusión e a protección dese legado así como a adopción de medidas encamiñadas á formación de profesionais concienciados e comprometidos co coñecemento e a defensa do patrimonio”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive