23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Escola de Música de Mondoñedo: celebración dos Maios

16-05-19

Mondoñedo 16-5-19. Hoxe xoves 16 de maio os máis de 200 alumnos dos centros de ensino de Mondoñedo movidos pola iniciativa da Escola Municipal de Música de Mondoñedo de recuperar a tradición dos Maios, percorrerán as rúas da cidade cantando e tocando diversas cantigas musicadas porlo músico mindoniense Manuel ledo “O Pallarego”, de quen toma nome a escola de música, e con textos de Cunqueiro e Jácome.
A comitiva dos Maios sairá do colexio Álvaro Cunqueiro ás 11:30 da mañá, fará parada na Praza da Catedral, na praza do Concello e diante do cementerio, onde se despedirá hasta o ano que ven.
Dende principios de ano levan traballado os participantes en sendos talleres instrumentais e de confección do atrezzo, ofrecidos e coordinados pola Escola de Música.
Participan a escola municipal de música “O Pallarego” o CEIP Alvaro Cunqueiro, o IES San Rosendo, tamén os alumnos do Ciclo de Floristería da Granxa eo Centro Asistencial de San pablo e San Lázaro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive