20 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Promesas para o CEIP Juan Rey”, Por Manuel Arango Ron, (Concelleiro de Educación e Cultura de Lourenzá)

14-05-19

Aparece no programa electoral do partido popular a promesa de realizar obras de mellora e mantemento no CEIP Juan Rey: caldeira nova, renovación do peche exterior (fiestras e portas), acceso cuberto ao patio e ao polideportivo.
Todas estas melloras están recollidas nun acordo plenario no que se insta á Consellería de Educación á realización das mesmas.
No pasado mes de febreiro, o delegado territorial da Xunta anunciaba nos medios de comunicación que se aprobara o cambio da caldeira da calefacción. Nestes casos, a Xunta sempre empeza a casa polo tellado. De nada serve cambiar a caldeira se primeiro non se acomete a reforma do peche. Fixeron o mesmo cando cambiaron o chan do polideportivo, poñendo parqué, sen tapar antes as goteiras da cuberta.
Hai poucos días, volvía o Sr. Balseiro a anunciar na prensa novas obras en distintos centros educativos da Mariña. O colexio de Lourenzá non aparece no listado, polo que todas as deficiencias que presenta o centro seguirán sen solucionar.
Nas promesas que aparecen no programa electoral do PP falan do acceso cuberto ao patio. Será erro ou descoñecemento porque ese xa está feito, grazas á Deputación. A cuberta que se solicitaba era a da entrada principal, obra moi necesaria polo risco que supón cando as escaleiras de acceso están molladas en días de chuvia. Desde o Concello levamos xa tres anos pedindo unha subvención á Xunta de Galicia para acometer esta obra. Hoxe recibimos a triste noticia de que un ano máis nos era denegada.
Fixo algo o partido popular local nestes anos para presionar á Xunta e poder levar a cabo esta obra tan necesaria? Nada de nada…
Desde o Partido Socialista de Lourenzá comprometémonos, no caso de volver a recibir o respaldo dos veciños e veciñas, a realizala no menor tempo posible, aínda que sexa sen a colaboración da Xunta de Galicia, que é a responsable directa das obras de mellora dos centros educativos, xa que aos concellos correspóndelles o seu mantemento.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive